Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2010
11/01/2010
A Fundación TIC realizou a 'Gala Lugo10' de promoción da cidade e a súa Muralla
gala lugo10
Na iniciativa, que se enmarca na liña de colaboración da Fundación cos Concellos da provincia, participaron bolseiros da Escola de Imaxe e Son.
A Gala, que emitirá en diferido a TVG, supuxo o arranque do programa do 10º aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade.
Reproducir Video Gala Lugo 10 (CPP)
Segunda parte da Gala Lugo 10 (CPP)
A Fundación TIC, dependente da Deputación provincial, realizou integramente a
Gala Lugo 10 que supuxo o arranque da campaña promovida polo Concello de Lugo para conmemorar o décimo aniversario da declaración da Muralla como ben Patrimonio da Humanidade. O acto celebrouse no Círculo das Artes de Lugo, e será emitido en diferido polas dúas canles da TVG.
A Gala, cunha hora e media de duración e que foi presentada pola xornalista lucense Laura Peña e o monologuista Pepo Suevos, contou coa actuación do dúo Soas, formado por Cristina Pato e Rosa Cedrón. Ademais, emitíronse diversos vídeos promocionais de Lugo que, ó igual que a Gala, foron realizados na súa totalidade por traballadores da Fundación TIC e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
A colaboración da Fundación enmárcase na potenciación de axuda ós Concellos da provincia. Ademais, a participación de bolseiros da EIS persegue a integración laboral dos alumnos da Escola, una das prioridades da institución.
Todos coa muralla
Esta Gala supuxo o arranque desta campaña en homenaxe ó décimo aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, e que ten por obxectivo dar a coñecer a cidade e a provincia. Durante o acto expuxéornse varios vídeos promocionais onde se amosaron os principais atractivos turísticos e medioambientais de Lugo e o amplo abano de posibilidades que ofrece a cidade amurallada. Neles participaron numerosas personas relacionadas co ámbito cultural, deportivo e de medios de comunicación de Lugo.
Lugo10 é un proxecto que aglutina actividades culturais, deportivas, artísticas etc., resaltando á muralla lucense como ben Patrimonio da Humanidade. O luns só se presentará parte da programación, xa que esta estará aberta ás propostas que fagan asociacións, clubes e colectivos, e irase complentado durante todo o ano. O obxectivo é acadar a máxima implicación social, tal e como sucedeu hai dez anos para conseguir ó distintivo da UNESCO, e recuperar o traballo en equipo que fixo posible este importante galardón non só para Lugo, senón para toda Galicia.
Máis información sobre Lugo 10 (CPP)
Volver