Alumnos da TIC realizaron para televisión o partido entre o Azkar e o Carnicer Torrejón
Alumnos do segundo curso da Escola de Imaxe e Son estiveron detrás das cámaras e no posto de realización na retransmisión do partido entre o Azkar Lugo e o Carnicer Torrejón que se celebrou o martes 2 de Marzo no Pazo Municipal dos Deportes.
O partido pertencente a División de Honra de Fútbol Sala foi emitido en diferido por Telelugo en ‘prime time’ como de costume.
Os alumnos, que están a cursar o Ciclo Superior de Realización, desenvolveron esta actividade como complemento a súa formación na escola da Fundación TIC e estarán acompañados polo docente do módulo de Realización en Televisión.
Continúase así o labor realizada pola Fundación TIC, que ademais de formar aos alumnos na escola de Imaxe e Son de Lugo facilita o ensino práctico a través das actividades desenvolvidas no Centro de Produción de Programas e coa produción de contidos audiovisuais para diversos medios, como xa ocorreu en anteriores cursos con retransmisións de distintos eventos deportivos ou a cerimonia de ordenación episcopal do actual bispo da diocese lucense.