Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2010

30/07/2010

A Fundación TIC colabora na gravación do 1º disco da Escola de Música de A Pobra de Brollón

pobra brollonpobra brollon

O Presidente da Deputación fixo entrega dunha copia do CD a todos os membros do centro educativo
Esta iniciativa é o resultado do convenio asinado o pasado mes de Abril polo organismo provincial e produtora monfortina CICLORAMA
Titulados da Escola de Imaxe e Son formaron parte do equipo técnico da empresa de producións artísticas a través do seu programa de bolsas remuneradas

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da responsable da Escola Municipal de Pobra de Brollón, Dora Fernández González, e do Concelleiro de Cultura, Javier González, presentou este mércores o primeiro disco musical da Escola de Música, Danza e Artes Escénicas de Pobra de Brollón, e para o que se contou coa colaboración de bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo.

A iniciativa xurde logo de que Gómez Besteiro e os responsables da produtora monfortina CICLORAMA asinaran en Abril o convenio de colaboración para a gravación do CD composto por 8 cancións. Neste senso, Gómez Besteiro destacou que “hoxe mesmo cúmprense tres meses dende que asinamos o convenio. O que naquel momento era un proxecto hoxe é unha realidade. Trátase dunha iniciativa moi importante porque, por un lado, os nosos alumnos tiveron a oportunidade de completar a súa experiencia formativa dende a práctica e, por outro, porque contribuímos á difusión do traballo desta Escola, por tanto, á promoción da provincia e ó seu legado cultural”.
Ademais da gravación do disco, os antigos alumnos, acompañados por técnicos do Centro de Produción de Programas da Fundación, realizaron dous vídeos que recollen varios temas do grupo.

O máximo mandatario provincial, quen entregou unha copia do produto musical a cada un dos membros que compoñen o centro educativo, destacou que a través desta iniciativa a Deputación deu un novo impulso á relación que a EIS mantén co sector empresarial para a realización de prácticas dos seus alumnos e na procura da súa inserción laboral ó remate dos seus estudos. Na actualidade, a TIC está a traballar con máis de sesenta empresas nacionais e mantén convenios de colaboración cunha decena de entidades sociais, para difundir o seu labor sen ánimo de lucro.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet