Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2010

28/12/2010

A Fundación TIC impulsa o traballo doutras 6 asociacións sen ánimo de lucro, difundindo o seu labor

6asociacións6asociacións

Gómez Besteiro asina os convenios de colaboración cos representantes destes colectivos, que se suman ós doce subscritos o mes pasado con entidades deportivas da provincia
En 2010 a Fundación TIC incrementou en máis dun 300% a cooperación con estas asociacións e empresas do sector audiovisual, nas que os estudantes e titulados adquiren a experiencia necesaria para acceder ó mercado laboral

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, asinou este xoves con representantes de seis asociacións sen ánimo de lucro da provincia os convenios de colaboración para a elaboración de proxectos audiovisuais que difundan as súas actividades, e que serán realizados por alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son de Lugo; o primeiro centro educativo da provincia que ofrece formación especializada no eido audiovisual. Gómez Besteiro subliñou que “con estes convenios damos continuidade a unha das funcións que debe ter esta Fundación, a de impulsar iniciativas que lles permitan ó nosos alumnos adquirir a experiencia necesaria para acceder ó mundo laboral, ó tempo damos a coñecer o traballo desinteresado, pero non menos importante, destes colectivos”.

No acto de sinatura, ademais do Presidente participaron os representantes das seis organizacións: Manuel Fernández, Vicepresidente da Sociedade Micolóxica Lucus; Nora Real, Presidenta da Asociación de Autonómas Empresarias e Profesionais da provincia de Lugo; Clara Raposo, Secretaria da Asociación A Cova da Terra; Manuel Legaspi, tesoureiro do Real Aeroclube de Lugo; Alberto Grañido Valín, Presidente da Asociación amigos do Jazz " Escobijazz" e Mauro Villamel, Presidente da Asociación Coral Polifónica Francisco de Fientosa de Castro de Rei.

Neste senso, Nora Real, que actuou como voceira das asociacións asinantes, destacou que “é unha iniciativa moi interesante porque nos permite divulgar os actos de todos estes colectivos”.

Incremento da colaboración
En 2010 a Fundación TIC incrementou en máis dun 300% os convenios de colaboración con asociacións sen ánimo de lucro e empresas do sector audiovisual, nas que os estudantes e titulados da EIS poden realizar prácticas e adquirir experiencia para a súa incorporación ó mercado laboral. En 2009, o organismo dependente da Deputación asinou once convenios, ós que se engaden os once suscritos o pasado mes de novembro e os seis actuais.

Deste xeito, as asociacións sen ánimo de lucro coas que colabora a Fundación TIC son: Asociación Down Lugo, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU), Asociación “Raiolas”, Fundación UNICEF, Asociación Lucense de Xordos (ALUSOR), Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais (FEAFES), Asociación San Vicente de Paul, ANADE, ASPNAIS, Preescolar na Casa e Fundación Azkar.

Os convenios asinados para o fomento do deporte base na provincia realizáronse coas seguintes entidades: Agrupación Deportiva Fefeme Triatlón; Club Deportivo Arco Muralla; Club Deportivo Cidade de Lugo Fluvial; Club Tenis de Mesa Dez Portas de Lugo; Escudería Miño; Club Emevé; Sociedade Deportiva Cultural Polovorín; Club Ciclista Cidade de Lugo; Club San Fernando Lucus Caixa Rural Galega; Club Natación Portamiñá e Club Patíns Lóstregos.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet