Novo proxecto formativo para o curso 2007/2008
20/06/2007
A EIS de Lugo ten un Proxecto Educativo de Centro propio que pretende vincular directamente a formación dos alumnos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual.
Este contacto permanente aconsella axeitar a formación que ofreceremos para o curso 2007/2008, introducindo novidades como os itinerarios formativos complementarios (edición de vídeo, radio, inglés audiovisual, ferramentas ofimáticas, realizacións con unidade móbil, iluminación, …. ), que permitirán definir a proposta formativa máis axeitada ós intereses da escola, dos alumnos e das empresas.
A Fundación TIC, consciente do esforzo complementario que se esixe, modifica as condicións de matrícula e suprime as cuotas mensuais de ensinanza para favorecer que aqueles alumnos que posúan as actitudes e aptitudes precisas para acadar o máximo nivel na súa formación, podan acceder a unha oferta singular baseada na combinación de formación e produción en contextos e escenarios reais, a través de prácticas durante o curso académico no Centro de Produción de Programas da fundación.
CUOTAS DE INSCRICIÓN CURSO 2007 / 2008
Matrícula 1º ano * | 60 € |
Matrícula 2º ano * | 60 € |