km0. A Asociación de amas de casa de Ribadeo na TIC con km0
A terceira edición do programa km0 permite que distintos colectivos coñezan máis de preto a nosa provincia e as instalacións pertencentes a Deputación de Lugo, como a Fundación TIC
Unhas corenta persoas da Asociación de Amas de casa de Ribadeo achegáronse con km0 ao Centro de Produción de Programas.
Despois de coñecer o Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, visitaron a Fundación TIC e o Centro de Produción de Programas onde coñeceron os misterios da televisión.
Logo dirixíronse a Pantón para realizar a ruta escollida que neste caso foi a de Augas Santas, onde despois de xantar visitaron o balneario e fixeron unha cata de augas medicinais e visitaron o Pazo de Goian. Tamén realizaron unha visita degustación á adega Moreiras.