A Fundación TIC cubre a Superliga de voleibol para a súa emisión en directo en Canal + e Popular TV
Técnicos e alumnos fan posible a retransmisión do encontro entre o Xacobeo 2010 Ribeira Sacra e o Cuesta Piedra Santa Cruz de Tenerife
Técnicos da Fundación TIC e alumnos da Escola de Imaxe e Son –EIS- cubriron o encontro entre o Xacobeo 2010 Ribeira Sacra e o Cuesta Piedra Santa Cruz de Tenerife que se celebrou no pavillón de deportes da Pinguela de Monforte de Lemos.
O traballo da Fundación TIC fixo posible a emisión en directo de dito encontro na canle de deporte de Canal +, Sportmanía, así como en Popular TV.
Alumnos e recén titulados da EIS, acompañados por persoal técnico da Fundación, participaron nesta actividade como complemento á súa formación. Deste xeito, a TIC continúa impulsando a inserción laboral e facilitando o ensino práctico.
Na actualidade, o organismo dependente da Deputación mantén relación con máis de 60 empresas nacionais para as que produce contidos audiovisuais de toda índole. Isto fai posible que os novos profesionais realicen retransmisións de eventos deportivos, realización de videoclips musicais ou produción de programas televisivos.