Km0. Os alumnos do colexio Casas coñeceron a Fundación TIC
No marco das visitas promovidas pola Deputación de Lugo mediante o programa Km0, xa na súa terceira edición, os estudantes do colexio Casas visitaron o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC
Alumnos do colexio Casas de Lugo, tras visitar a Deputación, coñeceron o traballo que se realiza no Centro de Produción de Programas da TIC. Alí percorreron os dous platós e coñeceron tódolos medios técnicos cos que conta a Fundación.
A segunda parte da viaxe desenvolveuse en Viveiro, onde visitaron a lonxa de Celeiro, pasearon pola praia de Covas e subiron o monte de San Roque. Todo elo está dentro do programa km0 dependente da Deputación de Lugo.