Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2011

11/04/2011

Nominados ós Mestre Mateo comparten experiencias cos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo

Os estudantes do centro, dependente da Deputación, participaron o venres 9 de Abril no Pazo de San Marcos nunha mesa redonda cos aspirantes ós premios na categoría de realización
A iniciativa forma parte do programa Encontros, organizado pola Academia Galega do Audiovisual como preámbulo á gala de entrega dos galardóns, que se celebrará o 17 de abril en Ourense

O alumnado da Escola de Imaxe e Son de Lugo, dependente da Deputación, participou o venres 9 de Abril no programa Encontros, organizado pola Academia Galega do Audiovisual como preámbulo á gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2010. A iniciativa ten como obxectivo achegar os traballos e profesionais do sector audiovisual ós estudantes das escolas de imaxe e comunicación existentes na comunidade galega mediante a exhibición de producións que optan ós Mestre Mateo e da organización de mesas redondas nas que participan integrantes deses traballos de cine e televisión.

No caso do encontro de Lugo participaron como poñentes os nominados na categoría de realizadores: Manuel A. Espiñeira, pola serie “Padre Casares”; Txabi Mira e Miguel Corujo, por “Spot Turgalicia”, e X.A. Moure, por “Hai que mollarse”. Estes catro profesionais compartiron as súas experiencias e coñecementos cos alumnos da Escola de Imaxe e Son, que depende da Fundación TIC e é a única deste tipo na provincia. O funcionamento da escola, cuxa matrícula é ademais gratuíta, evita que os mozos que desexan formarse nesta especialidade profesional se vaian fóra.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet