O festival de música alternativa Viveiro Hardcore Assault! elixiu as instalacións da TIC para a súa presentación
O alcalde viveirense, Melchor Roel, e o portavoz dos organizadores, Fabio Fernández, presentaron o mércores 13 de Abril o certame na Fundación
Un equipo de alumnos e profesionais da TIC gravará os concertos que serán ofrecidos polas bandas
O Concello vivariense é o berce dunha nova iniciativa cultural: o Viveiro Hardcore Assault! Promovido por catro mozos do municipio mariñano, o festival conta coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello, que apostan así por consolidar Viveiro como referente en España da música alternativa.
O alcalde viveirense, Melchor Roel, e o portavoz dos organizadores, Fabio Fernández, presentaron o mércores 13 de Abril na Fundación TIC o certame, que terá lugar o venres 15 de Abril no Casino Club Náutico.
Un equipo de alumnos e profesionais da Fundación TIC, dependente do organismo provincial, gravará os concertos, que serán ofrecidos polos grupos “For Ophelias Death”, “New Reason”, “Daily Grind” e “Blasting Enema”.
Esta colaboración forma parte das accións divulgativas da TIC, que persegue dar a coñecer a un nivel máis amplo a labor dos colectivos, asociaciacións ou organismos provinciais que o necesiten. O mesmo tempo tamén facilita a incorporación o mercado laboral dos antigos alumnos da Escola de Imaxe e Son dependente da Fundación, xa que ca súa colaboración nestas accións incrementan a súa experiencia no sector audiovisual e adquiren coñecementos prácticos.