km0. Visitan a Fundación TIC os alumnos do colexio Vista Alegre de Burela
A terceira edición do programa km0, dependente de Deputación, permitiu os estudantes do CEIP Vista Alegre coñecer as labores realizadas pola Fundación TIC
Uns 48 alumnos do Centro Público de Infantil e Primaria Vista Alegre de Burela visitaron a Deputación e as instalacións do Centro de Produción de Programas da TIC, dentro da iniciativa km0. No CPP da Fundación percorreron todalas súas instalacións, facendo especial fincapé nos dous platós e na redacción.
Logo xantaron en Casa Horacio de Chao do Posadiro, participaron nunha ruta de sendeirismo e seguiron a súa viaxe pola piscifactoría Menudas.