A Fundación TIC colabora no decimoquinto aniversario da Cova da Terra
A directora do CPP da Fundación TIC, Margarita Soilán, acompañada da Concelleira de Benestar Social do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentaron a reportaxe elaborada por bolseiros e persoal técnico da Fundación TIC con motivo do 15 aniversario da ONG Cova da Terra, que amosa a historia desta organización, os seus comezos e as activiades desenvolvidas ó longo dos anos. Logo do visionado, fixose unha degustación de productos ecolóxicos e de comercio xusto que habitualmente se atopan na tenda. A Cova da Terra é unha ONG que traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos, sensibilizando e formando ós consumidoras do contorno máis próximo.