A Fundación TIC colabora na difusión das Xornadas Xurídicas de Sarria
A Fundación TIC seguindo a súa traxectoria de colaboración e apoio aos concellos de Lugo acudirá esta fin de semana as V Xornadas Xurídicas de Sarria, para prestar apoio técnico no seguimento do foro. Os alumnos e bolseiros da escola de Imaxe e Son realizarán tamén a gravación das conferencias organizadas polo concello para subministrar as imaxes do evento as televisións interesadas na súa difusión.
O encontro, que contará coa presenza de 250 asistentes tratará nesta ocasión sobre o Dereito de Familia e a nulidade, divorcio e separación matrimonial. Estas xornadas converte a este municipio nun referente a nivel nacional dentro do mundo xurídico, e contarán coa presenza de nove especialistas, 4 deles maxistrados do Tribunal Supremo, e tamén co presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala, que inaugurará este venres o acto.