Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2011

21/06/2011

Antonio Mourelos clausura o curso da Escola de imaxe e Son o venres no Salón de Actos da Deputación

imaxe de Antonio Mourelosimaxe de Antonio Mourelos

O Actor e Presidente da Academia Galega do Audiovisual será o padriño do curso 2010-2011.
As 18.00 horas proxectaranse os traballos dos alumnos deste ano e as 20.00 horas o Presidente da Fundación, José Ramón Gómez Besteiro, entregará os diplomas á 7ª promoción.

Gradúase a sétima promoción de alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo, pertencente á Fundación TIC. Os novos técnicos dos ciclos superiores de Realización de Audiovisuais e Espectáculos e de Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos estarán arroupados por Antonio Mourelos, padriño da promoción.

Antes do acto de entrega de diplomas, que terá lugar as 20.00 horas no salón de Actos da Deputación os alumnos proxectaran unhas curtametraxes, entre elas "Back to de TIC", dos alumnos de segundo de Realización Audiovisuais e espectáculos e outras obras colectivas dos alumnos de primeiro de Realización e Producción que desenvolveron nos módulos de Realización de cine e Montaxe no ciclo de Realización e de Medios técnicos audiovisuais e Producción de Cine do ciclo de Produción.

Biografía de Antonio Mourelos
Nado en Lugo en 1959. Licenciado en Imaxe e Son na Facultade de Ciencias da Información (Universidade Complutense de Madrid) no ano 1982, comezou a traballar na radio en Lugo. En 1985 marchou a Compostela para facerse cargo da Filmoteca de Galicia, enmarcada dentro do Arquivo da Imaxe e dependente da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia. Cara a finais do mesmo ano meteuse de cheo no mundo da dobraxe, empezando a dobrar e dirixir dobraxe de película e series, preferentemente para a recén inaugurada Televisión de Galicia, mundo no que aínda continúa.

É a voz habitual de actores como Michael Caine,Jeremy Irons, Ed Harris, Dennis Hopper... Dirixiu entre outras a dobraxe para cine de El fugitivo,El Último Gran Héroe, I Like it like that ou O Pico das Viúvas. Para TVG dirixiu O Padriño I e II,O Silencio dos Cordeiros, Troia…Antonio Mourelos é un rostro moi popular por ter participado en numerosas series de TVG así como en curtametraxes e longametraxes do audiovisual galego.
Acaba de ser nomeado presidente da Academia Galega do Audiovisual.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet