A Fundación TIC recollerá esta fin de semana as mellores imaxe da Feira Medieval de Vilalba para a súa difusión
Esta fin de semana celébrase a Feira Medieval de Vilalba e a Fundación TIC percorrerá as rúas desta vila para gravar os principais actos, animacións e actividades que se desenvolveran durante a festa.
Este traballo da Fundación permitirá obter imaxes para a súa difusión nas televisións locais e autonómicas. Estes documentos gráficos tamén se empregarán para elaborar un DVD para o Concello que permita difundir e promover esta feira na que participan activamente veciños e asociacións vilalbeses para durante dous días sumerxirse no medievo. Cúmprese así outra das labores fundamentais da Fundación, axudar a promoción e desenvolvemento da provincia de Lugo.
Ademais como todos os traballos da Fundación TIC permitirá a bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son seguir formándose e traballar dun xeito práctico no eido audiovisual e promover a súa inserción laboral.