A EIS, a única escola de Imaxe e Son da provincia, cubre por 4º ano consecutivo a cota de prazas
Máis de 50 persoas formularon a súa preinscrición para optar a unha das 44 prazas nos ciclos de “Produción” e “Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos”
Hoxe publicanse a listaxe de admitidos para que, dende o vindeiro xoves e ata 22 de xullo, realicen sen custe algún e en horario de mañá a matrícula na sede do centro
As persoas en lista de espera terán unha nova oportunidade de estudar na EIS en setembro ó abrirse de novo o prazo de inscrición tendo en conta as posibles baixas
O éxito de convocatoria prodúcese dende 2009 logo de que o Goberno provincial establecese a matrícula gratuíta e incrementase nun 300% as prácticas en empresas
Máis de 50 persoas formalizaron a preinscrición de matrícula para o curso 2011-2012 na Escola de Imaxe de Son (EIS) da Fundación TIC. O centro dependente da Deputación, o único na provincia que imparte ensinanzas da familia audiovisual, ofrece un total de 44 prazas para estudar o vindeiro ano os ciclos superiores de “Produción” e “Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos”, dotados con 2.000 horas lectivas e dous cursos académicos cada un. Isto supón que, por 4º ano consecutivo, a EIS volta cubrir a cota de prazas dispoñibles, quedando solicitantes en lista de espera.
Hoxe publícanse a listaxe definitiva de admitidos. Os beneficiados deberán entón formalizar a súa matrícula entre o 14 e o 22 de xullo. Para elo, terán que desprazarse á sede do centro educativo, situada na rúa Frei Prácido Rei Lemos, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente a entregrar, pódese descargar no espazo www.fundaciontic.org. As persoas que queden en lista de espera terán una nova oportunidade de acadar unha praza en setembro, data na que se voltará a abrir o prazo de inscrición tendo en conta as posible baixas que se produzan.