Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2011

28/07/2011

A Fundación TIC difunde o XX Festival da Canción do Landro, único en Galicia con música en directo

Festival do LandroFestival do Landro

Un equipo de profesionais e bolseiros do organismo dependente da Deputación gravarán o certame que se celebra esta fin de semana en Viveiro e que V Televisión emitirá en horario de máxima audiencia para toda Galicia Esta actuación dá continuidade á colaboración que a institución provincial mantén co Concello dende hai anos na difusión do certame, e que nesta edición incluíu por primeira vez a elaboración dun vídeo do “casting” dos aspirantes

A Fundación TIC, dependente da Deputación, encargarase da gravación íntegra do XX Festival da Canción do Landro que se celebrará esta fin de semana na praza Maior de Viveiro. A canle autónomica V Televisión emitirá en diferido para toda Galicia, en horario de máxima audiencia, a semifinal e a gala final do certame que realizará un equipo de profesionais e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo.

Para a cobertura do único festival galego que se celebra con música en directo, a Fundación TIC desprazará á cidade do Landro a súa Unidade Móbil, dotada cos medios técnicos e de produción precisos para asegurar a calidade do traballo audiovisual. O equipo humano estará formado por operadores de cámara, mezcladores de imaxe, técnicos de son, produtores, realizador, xefe técnico e rexidor.

Como en edicións anteriores, o Festival da Canción do Landro contará no escenario cunha orquestra que tocará en directo e vinte aspirantes de toda España, dos que dez participarán no apartado de interpretación e, outros tantos, no de canción inédita, que ten que ser en lingua galega.


A Deputación de Lugo colabora desde hai anos co Concello de Viveiro na difusión do Festival, que este ano cumpre o seu vixésimovinte aniversario. Este ano, ademais de dar cobertura á gala, a Fundación TIC realizou un vídeo do “casting” feito ós aspirantes a participar no evento, que serviu de práctica formativa a un grupo de alumnos da EIS de Lugo.

As numerosas persoas que, como en edicións anteriores, ateigarán a praza Maior viveirense poderán ver como traballan os profesionais e bolseiros da TIC, e mesmo coñecer de preto a Escola de Imaxe e Son de Lugo –o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas especialidades no mundo audiovisual- e o seu Centro de Produción de Programas, a través de senllas pantallas que se instalarán no escenario.

No Festival da Canción do Landro, un referente en Galicia e no resto de España xunto o de Benicassim, teñen participado artistas con proxección internacional como a eurovisiva Lucía Pérez, quen gañou unha das tres edicións ás que concurriu. Nos dous último anos, tamén participou o aresán Enrique Ramil, concursante de Operación Triunfo, que esta fin de semana acude como artista convidado.

Os organizadores do certame aproveitarán esta vixesimovinte edición para homenaxear ás comisións que colaboraron, o longo deste tempo, na súa celebración.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet