Membros do Colectivo de Xubilados de Pastoriza coñecen a Fundación TIC
O programa km0, promovido pola Deputación de Lugo, permitiu que 27 membros do colectivo de xubilados de Pastoriza coñecese o traballo realizado no Centro de Produción de Programas da TIC
Ademais da visita realizada ao Centro de Produción de Programas os membros desta asociación acudiron a unha recepción na se da Deputación e logo desprazáronse ata Guitiriz onde xantaron e visitaron as fontes do Balneario e o campo de golf. Realizaron o percorrido por sete muíños na Ruta da Auga, tamén visitaron un establecemento especializado na elaboración de tortas de millo, típicas de Guitiriz e os restos do castelo de Póboa de Parga e a Igrexa.