Jorge Coira analizará a obra de Hitchcock no Pazo de San Marcos dentro do ciclo “Leccións de Cine”
O director e co-guionista da galardoada 18 comidas abordará os aspectos relativos á dirección da película, Vértigo, considerada un dos grandes clásicos da historia do cine
A conferencia, que impartirá o cineasta e tamén Patrono da Fundación TIC, está organizada polo Club Valle Inclán. Terá lugar día 3 no Salón de actos da Deputación e estará aberta ó público en xeral