A TIC gravará o III Encontro de Cooperación cos Concellos a sobre contratación temporal nas entidades locais
A Fundación tamén prestará axuda con equipamento técnico para o desenvolvemento da xornada, que será clausurada polo Presidente provincial.
A nova edición do encontro que instaurou a institución provincial en 2009, converténdose na 1º Deputación en Galicia que organiza un foro permanente destas características, que terá lugar o 13 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
A xornada, na que prestixiosos expertos abordarán solucións, está dirixida a traballadores das administracións locais, representantes sindicais, avogados laboristas, graduados sociais e estudantes da materia de Dereito Laboral II na Escola Universitaria de Relacións Laborais.
A Fundación TIC gravará o vindeiro martes día 13 o III Encontro de Cooperación cos Concellos, que nesta edición abordará a contratación temporal nas entidades locais, co obxectivo de contribuír a súa máxima difusión. Ademais prestará apoio con equipamento técnico. Esta xornada anual que a institución luguesa instaurou en 2009, converténdose na primeira Deputación en Galicia en organizar un foro de carácter permanente, aberto a todos os actores das administracións locais da provincia e baseado na busca de solucións para a consecución de entidades locais máis eficaces, optimizando recursos e aforrando custes.
Solucións de prestixiosos expertos
A xornada comezará ás 9:30 coa apertura do encontro a cargo dos Deputados de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, e de Réxime Interior, Miguel Ángel Sotuela. A continuación, o maxistrado do xulgado do Social número 1 de Lugo falará sobre “Principais irregularidades na contratación laboral temporal na Administración Local da provincial de Lugo” e haberá unha mesa redonda sobre “As consecuencias das irregularidades na contratación laboral tempral nos Entes Locais. O traballador indefinido non fixo na Administración Local”. A catedrática de Dereito de Traballo e Seguridade Social da Universidade Complutense de Madrid e expresidenta do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas Baamonde, pronunicará a lección maxistral baixo o título: “Presente e futuro do Dereito do Traballo”. A clausura do encontro, ás 14:30, correrá a cargo do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.
Un foro aberto
A xornada está dirixida a todos os responsables e traballadores das administracións locais (Alcaldes, Concelleiros, persoal dos departamentos de Recursos Humanos dos municipios e empregados públicos en xeral), ademais de, e como novidade este ano debido ó asunto a tratar, a representantes sindicais, avogados laboristas, graduados sociais que presten asesoramento ós Concellos a este respecto, así como a estudantes da materia de Dereito do Traballo II na Escola Universitaria de Relacións Laborais.