km0 visita da Residencia de maiores das Gándaras ao Centro de Produción de Programas
Unhas 35 persoas da Residencia de Maiores das Gándaras visitaron o pasado 1 de febreiro a Fundación TIC e realizaron a ruta Km 0 'lucus', unha das rutas que promove a Deputación de Lugo para achegar a súa labor aos lucenses e promocinar e dar a coñecer a riqueza medioambiental e cultural da provincia.
A visita comenzou cun recibimento no Pazo de San Marcos e despois unha visita o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC, onde puideron coñecer como funciona por dentro unha productora de televisión e o labor de se desenvolve para promover as tecnoloxías de informaición e comunicación e formar aos alumnos da Escola de Imaxe e Son.
O resto da visita desenvolveuse tras un xantar nun restaurante da zona cunha vista a Santa Eulalia de Bóveda, ao Centro de Interpretación da Muralla de Lugo e a Catedral de Lugo. Deapois realizaron un percorrido polo adarve da Muralla desde a Porta de Santiago e unha visita as Termas romanas, no Balneario de Lugo