A Fundación TIC entrega 500 copias do DVD A noite de Merlín que se presenta o domingo en Mondoñedo
entrega dvd "noite Merlín"
entrega dvd mondoñedo
entrega dvd1
José Ramón Val foi o encargado de entregar ó presidente da asociación Abrindo Camiños o traballo no que participaron bolseiros e alumnos da EIS
A presentacion do DVD será o día 12 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga
O deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación e patrono da Fundación TIC, José Ramón VaL fixo entrega hoxe, no salón de plenos do Concello de Mondoñedo, das 500 copias do DVD A Noite de Merlín ó presidente da Asociación mindoniense “Abrindo Camiños”, Luis Fernández, organizadora da xornada cultural celebrada o día 17 do pasado mes de decembro.
Bolseiros e estudantes da Escola de Imaxe e Son de Lugo realizaron, baixo a supervisión de técnicos da TIC, o traballo audiovisual que consta de dúas partes, na primeria recóllese a gravación, en diversos escenarios da localidade de Mondoñedo, da representación teatral baseada na obra de Álvaro Cunqueiro Merlín e Familia, e na segunda, as conferencias impartidas durante o encontro.
A presentación do doble DVD terá lugar o vindeiro domingo, día 12, as 19.00 horas, no Auditorio Municipal Pascual Veiga, en Mondoñedo. Con esta colaboración, a Fundación TIC contribuirá á promoción do encontro co fin de manter vivo o recordo da maxia cunqueriana e difundir a riqueza cultural da provincia, o tempo que incrementa a experiencia práctica dos alumnos e bolseiros da EIS de Lugo.