Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2012

26/03/2012

O Presidente da TIC entrega mil copias do CD da Banda de Gaitas Mato Vizoso de Vilalba editado pola Fundación

  • archivos/fotos/grandes/_77K5233.JPG

    fto 1

    fto 1
  • archivos/fotos/grandes/_77K5251.JPG

    foto 2

    foto 2
  • archivos/fotos/grandes/_77K5261.JPG

    foto 3

    foto 3







O disco recolle dez pezas interpretadas pola agrupación chairega e forma parte da colección “Sons Lugueses”

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves en Vilalba o CD da banda de gaitas Mato Vizoso editado pola TIC e gravado nos estudos que a empresa Miñomedia ten en O Corgo. O disco recolle dez pezas interpretadas pola agrupación musical da Terra Chá e forma parte da colección “Sons lugueses”.
Gómez Besteiro, que estivo acompañado polo director da agrupación, José Manuel López, fixo entrega de 1.000 copias do CD co que a Fundación TIC contribúe á difusión de grupos musicais da nosa provincia. Ademáis, cada un dos compoñentes da Banda de Gaitas recibíu un DVD da actuación que foi gravada por alumnos e bolseiros da Fundación TIC.
Os dez temas que compoñen este traballo son as muiñeiras Freixido, Nova, Xaínda e Balada para un gaiteiro; as alboradas de Celanova e Pinceladas de Galicia; as xotas de Xarabal, do Besbello e de Vilalba- esta última, composición propia-, e unha peza do desaparecido grupo vilalbés Xorima, Feira de santos.
A agrupación musical vilalbesa naceu a finais dos anos 80 como grupo de frautas dentro da Anpa do CEIP Manuel Vizoso Mato. En 2004 independizouse do centro educativo e pasou a ser unha asociación.



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet