Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

01/04/2012

A FundaciónTIC acolle a presentación da película Vilamor

imaxe da presentación da película Vilamro ante os alumnos da EIS de Lugoimaxe da presentación da película Vilamro ante os alumnos da EIS de LugoO actor Rubén Riós e o director Ignacio VilarO director do filme Ignacio Vilar presentando a película ante os alumnos da EIS de Lugo






O Salón de Actos da Escola e Imaxe da Fundación TIC acolleu o venres 30 de marzo a “Caravana Vilamor”, unha actividade levada adiante pola productora Vía Láctea Filmes relacionada coa estrea en cines do filme “Vilamor”, a cuarta longametraxe de Ignacio Vilar, director e produtor galego que obtivo un gran éxito de taquilla sen precedentes en Galicia en 2008 con Pradolongo.

Os alumnos da EIS coñeceron da man do director e dos tres actores protagonistas do filme (Rubén Riós, Xoel Yáñez e Sabela Arán) a historia de Vilamor, como se fai unha película así como a situación do mundo cinematográfico e audiovisual en Galicia.

“Vilamor”está inspirada nunha historia real, a das comunas que se crearon nos anos 70 en Negueira de Muñiz, na montaña de Lugo. A película rodouse na súa totalidade nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

O filme estrenouse o venres día 30 nos Cines “As Termas” de Lugo onde, ademáis do equipo da película, acodiu o patrono da Fundación TIC, Álvaro Santos. A actividade enmárcase dentro do obxectivo da Fundación TIC por potenciar o audiovisual galego.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet