O Presidente da TIC entrega mil copias do CD de pasodobres da banda de música de Sarria editado pola Fundación
foto 2
qqq
eeee
O disco recolle oito pasodobres desta agrupación composta por músicos de entre 14 e 40 anos. Os integrantes das banda recibiron un DVD da actuación que foi gravado por alumnos e bolseiros da TIC
O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este venres en Sarria o CD da banda municipal de música de Sarria editado pola TIC e gravado nos estudos que a empresa Miñomedia ten no Corgo. O disco recolle oito pasodobres interpretados pola agrupación sarriá e forma parte da colección “Sons lugueses”.
Gómez Besteiro fixo entrega de 1.000 copias do CD co que a Fundación TIC contrubúe á difusión de grupos musicais da nosa provincia. Ademais, cada un dos compoñentes da banda recibíu un DVD da actuación que foi gravado por alumnos e bolseiros da Fundación TIC.
Homenaxe ó pasodobre
Este traballo é unha homenaxe ó pasodobre. Está composto por oito temas: Suspiros de España, Agüero, Eduardo Cifre, De Andalucía a Aragón, Tercio de quites, Gallito, Paquito chocolatero e Ponteareas.
A banda de música de Sarria naceu nos anos 60 aínda que tivo varias interrupcións ó longo do tempo. Desde 1993 está dirixida por José Antonio González e na actualidade está formada por 45 músicos moi novos, con idades desde os 14 ós 40 anos.