A TIC impulsa coa edición dun DVD o I Concurso Lucus Intercentros, organizado polo instituto Muralla Romana
sss
ccc
xxx
cccc
nnn
t
tttt
O certame educativo xurde coa finalidade de poñer en contacto alumnos de primeiro de BAC e docentes dos oito institutos de secundaria da capital, e poñer en práctica o currículo dos alumnos de Secretariado na organización de eventos. A colaboración é froito do convenio asinado entre a TIC e o instituto Muralla Romana co fin de completar a formación práctica dos estudantes da Escola de Imaxe e Son de cara á súa futura inserción laboral
A Fundación TIC colaborou co instituto Muralla Romana da capital lucense na celebración do I Concurso Lucus Intercentros, que tivo lugar este venres como actividade nova dentro das IX Xornadas de Interrelación Curricular, co fin de poñer en contacto alumnos de primeiro de BAC e docentes dos oito institutos de educación secundaria da capital. Alumnos e becarios da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, que depende da Deputación, realizaron a gravación íntegra do certame. Posteriormente, os estudantes da EIS editarán un DVD que se entregará ós institutos participantes para divulgar a actividade educativa, que tamén permitiu poñer en práctica parte do currículo dos alumnos de Secretariado referida á organización de eventos e actos públicos.
No I Concurso Lucus Intercentros participaron estudantes de primeiro de bacharelato dos 8 institutos de educación secundaria da capital, que se someteron ás preguntas de cultura xeral elaboradas polos profesores dos distintos departamentos do IES Muralla Romana. O certame seguiu un formato dixital para recibir e dar resposta ás preguntas a través de ordenadores, que foi deseñado polo departamento de Informática. O público puido seguir o desenvolvemento da actividade a través de pantallas.
O concurso desenvolveuse ó longo da mañá do venres en oito fases eliminatorias, e rematou coa entrega de premios ós estudantes que amosaron un maior nivel de coñecemento. A organización estableceu tres premios e un accésit, consistentes nun MP5 para os primeiros, e sendos lapis USB de diferente capacidade de memoria para cada un dos membros do resto de equipos vencedores.
Intercambio educativo
A colaboración entre a Fundación TIC e o IES Muralla Romana xurde ó abeiro dun convenio entre ambas entidades, que ten como finalidade promocionar as ensinanzas que se imparten no instituto lugués, ó tempo que os estudantes do único centro da provincia que imparte ciclos da familia do audiovisual completan a súa formación. A gravación forma parte do programa de prácticas reais da Escola de Imaxe e Son de Lugo, nas que os alumnos dispoñen dos medios técnicos necesarios para desenvolver un traballo profesional que contribúa á súa inserción laboral.
A Fundación TIC ten asinados máis de 50 convenios con asociacións sen ánimo de lucro e máis de 60 contratos con empresas españolas do sector multimedia para proporcionar experiencia laboral ós alumnos e titulados da EIS, complementando, deste xeito, a súa formación práctica e achegándoos ó mundo laboral. No último ano, incrementou en máis dun 400% os convenios asinados con entidades lucenses.