km0. Visitan o CPP o clube de O Cadaval de Castro de Rei
Uns 25 veciños de Castro de Rei, que pertencen ao clube de bolos de O Cadaval visitaron o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC, aquí puideron achegarse ao funcionamento de unha productora de televisión onde se forman alumnos da Escola de Imaxe e Son.
Durante a visita de km0, que intenta achegar a institución da Deputación aos cidadans e promocionar os rincóns turísticos da provincia. Os membros puideron coñecer o Pazo de San Marcos e elixiron a ruta de Adegas e Miradoiros que inclúe xantar nun restaurante de Doade, en Sober; a visita ao petroglifo de Xestal e igrexa románica de Proendos, degustación nunha adega de denominación de orixe Ribeira Sacra, en Santiorxo e a visita ao Santuario de Cadeiras, área recreativa e paseo ata o miradoiro de Cadeiras sobre o Río Sil.