A Fundación TIC forma ó seu persoal no programa de post produción Adobe After Effects
foto3
foto2
foto1
O curso está incluído no programa de formación continua dos docentes e técnicos da TIC. Esta actividade consta de 40 horas que se imparten os venres de abril, maio e xuño na Escola de Imaxe e Son
Persoal docente e técnico e bolseiros da TIC participan no curso de Adobe After Effects que imparte a Fundación desde o 13 de abril ó 22 de xuño nas instalacións da Escola de Imaxe e Son. Esta actividade está incluída no programa de formación continua dos profesionais da entidade. Consta de 40 horas en horario de 16:30 a 20:30 que se imparten os venres dos meses de abril, maio e xuño.
Durante o curso, os 15 participantes coñecerán o manexo desta aplicación de efectos visuais que está dirixida principalmente a deseñadores gráficos, produtores de vídeo e profesionais en multimedia.
Adobe After Effects é unha apliación en forma de estudo destinado á creación ou aplicación nunha composición (realización de gráficos profesionis en movemento) de efectos especiais e grafismo de vídeo. Trátase dun dos softwares baseado en liña de tempo máis potentes do mercado.