km0. Alumnos do IES A nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo visitan a Fundación TIC
Un grupo de alumnos do Instituto de Ensino Secundario de Lugo A Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron a Fundación TIC onde puideron coñecer de preto o funcionamento dunha productora de televisión, visitaron os platós e o control de realización, así como a redacción e tamén foron informados da labora docente da Fundación na Escola de Imaxe e Son de Lugo onde se imparten os ciclos superiores de Realización e Producción, o único centro da provincia onde se dan ensinos da familia do audiovisual.
Estes alumnos participaban no programa KM 0 que promove a Deputación de Lugo para achegar a tódolos lucenses o labor desenvolvido por esta institución e dar a coñecer mellor a nosa provincia con visitas a gran cantidade de rincóns como as Reservas da Biosfera e outros lugares de interese turística e cultural.