Alumnos da EIS realizan actividades acuáticas na Mariña e completan a reportaxe das posibilidades deportivas na provincia
23 estudantes practicaron surf en Barreiros, así como wakeboard e kite-surf en Ribadeo, ó tempo que grabaron os seus compañeiros participando na modalidade Km0 Xtreme.
Este traballo audiovisual, que tamén inclúe escalada ou rutas en bici, enmárcase na programación práctica para os alumnos de 1º curso de Realización xunto a outras 4 pezas.
Vintetres alumnos de primeiro curso do ciclo superior de Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) participaron este xoves na modalidade Km0 Xtreme para completar a reportaxe que están a realizar sobre a oferta deportiva e de multiaventura existente na provincia. Trátase dunha xornada lúdico-formativa xa que, ó tempo que fixeron surf na praia de Lóngara, en Barreiros, así como wakebord e kite-surf na ría de Ribadeo, grabaron ós seus compañeiros practicando ditas actividades.
E é que os estudantes do único centro que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual na provincia, dependente da Fundación TIC da Deputación, están a elaborar un traballo audiovisual no que se inclúen, ademais, escalada nun rocódromo ou rutas en mountain bike pola provincia, entre outros deportes. Esta reportaxe forma parte da programación práctica para os alumnos que comezaron este ano ós seus estudos na EIS e na que se inclúen outras catro pezas audiovisuais. Están elaborados polos estudantes na súa totalidade e baixo a supervisión dos docentes, contando para elo con todos os medios técnicos necesarios para simular un traballo do mundo laboral real.
A viaxe enmarcada no programa medioambiental que xera emprego na provincia coa promoción dos recursos naturais e establecementos da hostalería, comercio, artesanía, entre outros sectores, pertencentes a autónomos e PEMES da provincia, tamén incluíu unha visita ó Pozo do Ollo, situado no Lugar de Interés Comunitario (LIC) Parga-Ladra-Támoga, no Concello de Begonte, así como unha comida no porto deportivo ribadense.
Prácticas en escenarios reais