Preséntase o vídeoclip Lávate as mans realizado coa colaboración da Fundación TIC
imaxe dos alumnos de Galén nas instalación da Fundación TIC

O vídeo, elaborado polos alumnos do colexio Galén con motivo do Día Mundial da Hixeñe de Mans, utilizarase en campañas de sensibilización do Ministerio de Sanidade
Unha trintena de estudantes do Galén coñeceron as instalacións da TIC e elaboraron un informativo de televisión co apoio dos auxiliares docentes
Os Multicines Centro acollerán o vindeiro 7 de maio, ás 10:30 horas, a presentación do videoclip “Lávate as Máns” realizado polos alumnos do Centro Educativo Galén grazas ó apoio da Fundación TIC e Abrigueiro Estudos. Este traballo elaborouse con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, que se celebra o 5 de maio, e será utilizado polo Ministerio de Sanidade como campaña de sensibilización para a súa rede de formación nacional e usuarios.
Á presentación asistirán o Presidente da Deputación e Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Directora Xeral do SERGAS, Purificación Seijas, o xerente de Abrigueiro Estudios, Arturo Vaquero, o director do Galén, Raúl Pérez, así como o profesorado e alumnos do Centro Educativo.
A TIC por dentro