Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2012

30/05/2012

A web do Consello da Cultura Galega publica os vídeos sobre xogos tradicionais realizados pola TIC e Xotramu

imaxe da webimaxe da web

Neles detállanse as regras de actividades como a billarda, a porca, o zurriagazo ou os bolos ó canteiro
O obxectivo desta colaboración é recuperar e promocionar o patrimonio inmaterial da nosa provincia
O xogos tamén se recollen nun DVD que se distribúe en centros de ensino e entidades interesadas neste material audiovisual

O portal Culturagalega, org, dependente do Consello da Cultura Galega, vén de publicar os vídeos sobre xogos tradicionais realizados pola Fundacion TIC en colaboración coa Feira de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu).

Nestes vídeos danse a coñecer as regras de actividades lúdicas como a billarda, a porca, os bolos ó canteiro, o zurriagazo, a malha ou o revirabolo. Ademais, hai un enlace coa páxina web da Fundación, www.fundaciontic.org, onde se recollen un total de 26 vídeos cos xogos tradicionais realizados por voluntarios de Xotramu e que gravaron bolseiros e técnicos da TIC.

Ademais, a Fundacion elaborou un DVD que a asociación distribúe a centros de ensino e entidades interesadas neste material audiovisual para explicar os xogos cos que traballa.

Xotramu leva recuperados máis de 120 xogos tradicionais da comarca da Terra Chá e de toda Galicia. O obxectivo é a recollida e investigación dos xoguetes e dos xogos que practicaban os nosos maiores para divulgalos e facelos perdurar de cara ás vindeiras xeracións.

Os videos de Xotramu


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet