Alumnos de 1º de Realización da EIS presentan unha orixinal adaptación de Romeo e Xulieta como traballo fin de curso
imaxes da representación
imaxes da representación
imaxes da representación
imaxes da representación
A obra de teatro “Bésame ata morir” é a última das tres probas prácticas finais realizadas polos estudantes na asignatura Representacións Escénicas e Espectáculos onde poñen en práctica o aprendido ó longo do ano.
O curso finaliza oficialmente o próximo venres día 22 xuño.
Os alumnos de primeiro do ciclo Superior de Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC presentaron hoxe ante o profesorado e compañeiros, a obra de teatro “Bésame ata morir”, unha orixinal adaptación da clásica historia de amor “Romeo e Xulieta” de Sheakspeare, que completa os traballos de fin de curso realizados no módulo de Representacións Escénicas e Espectáculos.
A obra, realizada e interpretada polo alumnado no centro educativo, tivo como peculiaridade que foi representada en distintos espazos distribuídos por toda a Escola, movendo dunha escena a outra ó espectador para facelo partícipe da función. A idea xurdíu dos propios estudantes que foron quenes organizaron todo o traballo facendo de actores, guionistas, decoradores, iluminadores, montadores entre outras moitas facetas que se precisan na organización e posta en escena dunha representaciónm destas características.
Con estos traballos, ós que hai que sumar outras dúas obras teatrais, “A Rapa das Bestas”, e “Sir Michael, el caballero de Majortown”, os alumnos poñen en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso académico, sendo a formación práctica desde o primeiro curso unha das principais prioridades da Escola, a única na provincia con estudos en Imaxe e Son. O vindeiro xoves día 22 de xuño finaliza oficialmente o curso 2011/2012.