Produtora » Novas de Lugo » 2009

15/12/2009

A inserción laboral dos alumnos da EIS, obxetivo prioritario da TIC para o 2010

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, Jose Ramón Gómez Besteiro expuxo en rolda de prensa os principais obxetivos da Fundación TIC para o ano 2010 tras producirse a reunión do Padroado que aprobou o Plan de actuación e os presupostos para o ano que ven.

Inserción laboral
Con respecto á Escola de Imaxe e Son, o ano que vén habilitaranse fórmulas que faciliten a inserción laboral dos alumnos. “E isto pasa por investir na formación e facer un esforzo para manter a matrícula gratuita”, sinalou o Presidente da Fundación TIC. Ademais, estimularase a relación da Escola co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. A contratación dos bolseiros da EIS estase a incertivar mediante bonificacións ás empresas.

Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e, onte mesmo, asinaronse convenios con 7 entidades sociais da provincia.
A estimulación laboral pasa tamén polo autoemprego. “Estamos asesorando a antigos alumnos e facendo de canle de vídeos por encargo e producción de contidos multimedia”.




< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet