Produtora » Novas de Lugo » 2011

19/04/2011

A Fundación TIC grava o vídeo musical do grupo de O Incio Arandela

arandela 2arandela 2

A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral. A iniciativa tamén contribúe á promoción de grupos musicais da provincia que non dispoñen de recursos para dar a coñecer os seus traballos. Os escenarios foron a Casa do Cabazo e a contorna de O Incio.


A Fundación TIC gravou o vídeo musical do grupo de O Incio, Arandela. A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do mundo audiovisual. O obxectivo desta clase in situ é completar a súa formación práctica e favorecer a súa inserción no mercado laboral.

Ademais, con esta iniciativa, a Fundación contribúe á promoción de novos artistas da nosa provincia que dispoñen de poucos recursos para dar a coñecer os seus traballos, como é o caso de Arandela.

A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audivisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo, entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela” da eurovisiva Lucía Pérez.

Ademais participou nas rodaxes do documental Hitler, Garbo... e Araceli, do director Xosé de Cora, na curta Triste soledad de un violinista do sarriano Roberto Lolo e da longametraxe Os mortos van á presa, de Ángel de la Cruz.

Tamén se estimula a relación da Escola co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e asinou preto de 40 convenios de colaboración con entidades de Lugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet