Produtora » Novas de Lugo » 2011

02/05/2011

Gran participación nas Primeiras Xornadas sobre Turismo Cinematográfico, organizadas pola Deputación, a través da Fundación TIC

  • archivos/fotos/grandes/Imagen8.jpg

  • archivos/fotos/grandes/xornadas.jpg

  • archivos/fotos/grandes/Imagen9.jpg

  • archivos/fotos/grandes/Imagen10.jpg







Unha elevada asistencia marcou as Xornadas sobre Turismo Cinematográfico promovidas pola Deputación co obxetivo de dinamizar o turismo
Os alumnos da Escola de Imaxen e Son da Fundación TIC foron os encargados de elaborar o “movie map” do filme “Romasanta”

A Fundación TIC, mediante a elaboración dun “movie map” por parte dos alumnos da EIS, participou activamente nas Primeiras Xornadas sobre Turismo Cinematográfico que contaron cun altísimo seguimento. A Deputación respaldou a iniciativa para poñer en marcha unha nova estratexia de promoción turística e de dinamización da economía lucense consistente en aproveitar como reclamo as películas rodadas na provincia para atraer visitantes e difundir os recursos paisaxísticos e culturais.

Os actos, que contarón cunha gran número de participantes, desenvolverónse en Lugo, Sarria e A Fonsagrada entre os días 28 e 30 de Abril. No encontro déronse tamén a coñecer as dúas primeiras rutas cinematográficas definidas pola Deputación, que serán incorporadas na nova etapa do programa medioambiental Km0. Estes percorridos discorren polos escenarios naturais do filme “Romasanta”, O Courel e A Fonsagrada, a partir do “movie map” elaborado pola Escola de Imaxe e Son da TIC.

José Ramón Gómez Besteiro foi o encargado de inagurar as xornadas que contaron con mesas redondas conducidas por profesionais de prestixio como Carlos Rosado, presidente de Andalucía Film Comission; Julio Fernández, presidente de Filmax; Alfredo Conde, escritor galardoado co Premio Nadal e co Nacional de Literatura, e Anxo Quintanilla, director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia. Tamén se proxectou a película “Romasanta” e leváronse a cabo excursións polo percorrido do “movie map”.

A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audivisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo, entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela” da eurovisiva Lucía Pérez.
Tamén se estimula a relación da Escola co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e asinou preto de 40 convenios de colaboración con entidades de Lugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet