Produtora » Novas de Lugo » 2012

20/09/2012

Comenza o curso na Escola de Imaxe e Son cubrindo a totalidade de prazas ofertadas en Realización e Produción por 4º ano consecutivo

  • archivos/fotos/grandes/1.jpg

    imaxe da presentación do curos onde os alumnos coñeceron as instalacións da escola

    imaxe da presentación do curos onde os alumnos coñeceron as instalacións da escola
  • archivos/fotos/grandes/3.jpg

    imaxe da presentación do curos onde os alumnos coñeceron as instalacións da escola

    imaxe da presentación do curos onde os alumnos coñeceron as instalacións da escola







Comezaron as clases do curso 2012-2013 no único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual e que mantivo a gratuidade da matrícula por 5º ano consecutivo, agás para os repetidores.

Os alumnos de primeiro visitaron as instalacións do Centro de Produción de Programas onde realizarán a súa formación práctica

A Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, entidade dependente da Deputación, cubriu por cuarto ano consecutivo as 44 prazas de Realización e Produción -22 en cada un dos módulos de primeiro- e hai lista de espera nos dous ciclos superiores que se imparten no centro, o único da provincia de ensinanzas da rama audiovisual. A maioría dos matriculados proceden de 2º de BAC e, en menor medida, séguenlle os que pasaron as probas de acceso ou teñen outro ciclo superior.

Este é o quinto curso que o organismo provincial mantivo a gratuidade de matrícula para todos os alumnos, agás os repetidores, co obxectivo de apoiar un ensino público de calidade accesible a todos os interesados e, o mesmo tempo, fomentar a cultura do esforzo.

Visita dos alumnos de primeiro ó CPP
As clases do curso 2012-2013 comezaron o luns, trala presentación dos horarios e profesores. Ademais, os alumnos de primeiro visitaron as instalacións do Centro de Produción de Programas (CPP) onde realizarán parte das prácticas que complementarán a súa formación teórica. Coñeceron o plató, o control de realización, a unidade móbil e os equipos de edición, entre outras dotacións.

Entre os obxectivos prioritarios da Fundación está o de facilitar a inserción laboral dos alumnos da Escola. Na actualidade a TIC mantén convenio con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia e ten asinados máis de 100 convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais. Esta liña de colaboración permite que os alumnos e titulados da EIS leven a cabo traballos profesionais a través dun programa de bolsas



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet