Produtora » Novas de Lugo » 2012

27/09/2012

Inauguración do Curso na Escola de Imaxe e Son con director Carlos Sedes

  • archivos/fotos/grandes/_77K9837.JPG

    foto1

    foto1
  • archivos/fotos/grandes/_77K9827.JPG

    foto3

    foto3
  • archivos/fotos/grandes/_77K9841.JPG

    foto2

    foto2
  • archivos/fotos/grandes/_77K9881.JPG

    foto 4

    foto 4
  • archivos/fotos/grandes/_77K9890.JPG

    foto5

    foto5







Gómez Besteiro e o director coruñés Carlos Sedes inauguraron o curso académico 2012-2013, para o que se cubriron as 44 prazas dispoñibles ó pouco de abrirse a matrícula.
Sedes, que participou como director en macroproducións como Hispania e series como Padre Casares, Mareas Vivas e e Terras de Miranda, compartiu cos alumnos da EIS as claves do seu éxito profesional.




O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, e o director coruñés Carlos Sendes inauguraron este mércores no Salón de Actos de San Marcos o curso académico 2012-2013 da Escola de Imaxe e Son (EIS) de Lugo, que conta con 44 alumnos, tras cubrirse, por 4º ano consecutivo, tódalas prazas dispoñibles ó pouco tempo de abrirse a matrícula, tanto no ciclo superior de Realización, como no de Produción de Audiovisuais, os dous ofertados.

A EIS, o único centro educativo público da provincia que imparte ensinanzas de formación profesional da rama audiovisual, potenciará este curso a carga práctica dos alumnos co fin de seguir aumentando o xa elevado grao de inserción laboral que se vén rexistrando, o obxectivo prioritario da Escola. Deste xeito, como novidade, os estudantes terán este ano clase no centro soamente pola mañá, mentres que polas tardes desenvolverán todo tipo de actividades prácticas no exterior. Por exemplo, durante as vindeiras festas de San Froilán levarase a cabo na Praza de San Marcos o proxecto ISF 12 Incursión San Froilán, no marco do que os alumnos farán informativos ou coñecerán in situ como funciona unha unidade móbil, entre outras actuacións.

De feito, a posibilidade de realizar prácticas reais, xunto ó elevado nivel de formación que reciben os alumnos, fai que o grao de incorporación ó mercado de traballo dos alumnos que saen da Escola xa sexa elevada. Na actualidade, a TIC mantén contacto con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia e ten asinados máis de 100 convenios de colaboración con ONGS, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais. Esta liña de colaboración permite que os alumnos e titulados da EIS leven a cabo traballos profesionais, a través dun programa de bolsas, que lles facilitan a inserción laboral. O número de prácticas realizadas polos estudantes en empresas incrementouse nun 300%.

Matrícula gratuíta

A EIS, dependente da Deputación, oferta 44 prazas, 22 para cada un dos módulos, nos que se imparten 2.000 horas lectivas durante dous cursos académicos. O centro ten matrícula gratuíta dende hai 5 anos para todos os alumnos, agás os repetidores, co fin de garantir un ensino público de calidade e accesible a todos os interesados, e, ó mesmo tempo, fomentar a cultura do esforzo.

Así mesmo, a demanda é maior ano tras ano, aumentando nun 100% no ciclo de Produción e nun 20% no de Realización con respecto ó 2003, cando iniciou a actividade a Escola. Dende entón, 214 alumnos cursaron os seus estudos no centro da Fundación TIC. Polo que respecta á convocatoria deste ano, máis de 50 persoas formularon a súa preinscrición para optar a unha das 44 prazas ofertadas. As persoas en lista de espera teñen unha nova oportunidade de estudar no centro, ó abrirse de novo o prazo de inscrición, ata o vindeiro día 11 de outubro, por si se produce algunha baixa.

Carlos Sedes conta a súa experiencia

No inicio oficial do curso, o director coruñés Carlos Sedes achegou ós alumnos da EIS a súa experiencia profesional como director de series de ficción de éxito como Hispania (Antena 3), Gran Reserva, Guante Blanco e Desaparecida (TVE), ou Padre Casares, Mareas Vivas e Terras de Miranda (TVG), entre outras. Coa meirande parte dos seus traballos acadou importantes premios en festivais nacionais e internacionais, como a Medalla de Prata no Festival de Nova Iork no 2009, e os de Mellor Director e Mellor Programa de todas as categorías no Seúl Drama Festival de 2008 pola serie Patricia Marcos: Desaparecida. A Academia Galega do Audiovisual tamén o distinguiu cos galardóns Mestre Mateo ó Mellor Realizador e á Mellor Serie por Padre Casares, As leis de Celavella e Terras de Miranda, entre outras.

Contando con profesionais de prestixio

Carlos Sedes súmase a xa longa lista de profesionais de prestixio, referentes do mundo audiovisual a nivel nacional e internacional, cos que conta a Escola de Imaxe e Son para as súas actividades, como os directores Imanol Uribe, José Luis Cuerda ou Ángel de la Cruz; José María Besteiro, o produtor de referencia internacional; Julio Fernández, produtor e presidente de Filmax; o director Jorge Coira, que acadou numerosos éxitos coa película 18 Comidas; o actor Luis Tosar, que acumula éxito por película; Pedro Revaldería, director xeral de Producciones Mandarina, artífice de programas como Qué tiempo tan feliz!, Materia reservada ou Las mañanas de Cuatro; Antonio Mourelos, actor –moi coñecido polos seus papeis nas series da TVG Rías Baixas e Matalobos– e Presidente da Academia Galega do Audiovisual; o compositor e produtor musical Arturo Vaquero; ou o ex membro de Siniestro Total, Segundo Grandío, técnico de son e produtor artístico.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet