Produtora » Novas de Lugo » 2013

22/03/2013

Os alumnos da Escola de Imaxe e Son presentan no MIHL dous documentais e unha curta de ficción como traballos de fin de curso

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_0.jpg

    imaxe do acto de presentacion dos proxectos dos alumnos da Fundación TIC

    imaxe do acto de presentacion dos proxectos dos alumnos da Fundación TIC
  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_01.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_02.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_03.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_04.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_05.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_06.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_07.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_08.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_09.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_10.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_11.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_17.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_15.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_12.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_16.jpg

  • archivos/fotos/grandes/estreno_fundaciontic_cortos2013_14.jpg







- O Deputado de Cooperación e patrono da Fundación TIC, Álvaro Santos, destaca “a gran valoración que ten hoxe a escola nos ámbitos profesionais nos que os alumnos desenvolven despois o seu labor profesional”

- Representantes do sector multimedia asistiron á presentación das tres obras: “Miranda, mítica e real”, “Clavicémbalo, alma e música” e “VHS”, elaboradas na súa totalidade polos alumnos de 2º de Realización e Produción

Os alumnos de Realización e Produción da promoción 2011-2013 da Escola de Imaxe e Son (EIS) presentaron este xoves os seus traballos audiovisuais de fin de curso, un acto presidido polo Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos e patrono da Fundación TIC, Álvaro Santos, que cualificou esta xornada como “un dos días máis importantes do ano para a EIS, pois asistimos á posta de largo dos alumnos que rematan a súa formación no noso centro, o único que imparte formación profesional no eido audiovisual na nosa provincia, e, moi importante, no que a matrícula é gratuíta, excepto para os repetidores”. Trátase de dous documentais, Miranda, mítica e real” e “Clavicémbalo, alma e música”, e a curta de ficción “VHS”.

O acto de presentación tivo lugar, por primeira vez, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MHIL) e, entre o público, ademais dos familiares e amigos dos estudantes, estiveron presentes representantes de produtoras, medios de comunicación audiovisual, estudos de son e empresas de publicidade que, deste xeito, “teñen a oportunidade de coñecer de primeira man a preparación dos nosos alumnos”, indicou o Deputado de Cooperación, quen puxo en valor a formación que acadan os estudantes da EIS e o seu prestixio no sector audiovisual: “Este é un centro que hoxe ten unha gran valoración nos ámbitos profesionais nos que os alumnos desenvolven despois o seu labor”.

Neste senso, lembrou que están asinados convenios con 70 prestixiosas empresas do sector audiovisual a nivel nacional, onde os alumnos realizan a Formación en Centros de Traballo (FCT) e os titulados teñen o seu primeiro contacto co mundo laboral a través de bolsas formativas. Outra vía máis para que poñan en práctica a súa formación é a colaboración cun cento de entidades públicas e privadas para a realización de traballos audiovisuais nos que participan os alumnos e bolseiros.

Seis meses de traballo
Os tres audiovisuais de fin de curso presentados hoxe son o resultado do traballo levado a cabo nos últimos seis meses polos tres grupos que se formaron con alumnos de 2º do ciclos superiores de Realización e Produción. As obras foron realizadas na súa totalidade polos estudantes, desde a idea ata o guión, a produción, a gravación e a postprodución.

O documental “Miranda, mítica e real” repasa a obra de “Merlín e familia”, do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro; “Clavicémbalo, alma e música” fai un percorrido pola traxectoria desta emblemática sala de música de Lugo, desde a súa fundación hai máis de 25 anos; e “VHS” é unha curta de ficción de xénero cómico con diversos gags sobre as películas máis taquilleiras da década dos 80.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet