Produtora » Novas de Lugo » 2013

21/05/2013

A Fundación TIC e o Colexio de Xornalistas de Galicia organizan un curso de Dereito no Audiovisual

imagen del curso sobre medios audiovisuales y derechoimagen del curso sobre medios audiovisuales y derecho

-Alumnos da Escola de Imaxe e Son e profesionais da comunicación participan nesta acción formativa, que concluirá o mércores cunha sesión de 17:00 a 20:00 horas
- As avogadas Mar Fernández e Montse Trillo, de Trillo e Asociados, e o profesor do Máster de Propiedade Intelectual da Universidade Autónoma de Madrid, Xabier Alonso, repasarán o contido do aparato legal que rexe o audiovisual

Ducias de alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS) e de profesionais da comunicación participan dende hoxe no curso formativo Dereito no Audiovisual, organizado pola Fundación TIC en colaboración co Colexio de Xornalistas. As xornadas prolongaranse ata o vindeiro día 22 de maio, en sesións que se prolongarán desde as 17:00 a 20:00 horas, na sede da EIS. O principal obxectivo das xornadas é dar a coñecer en profundidade o contido do aparato legal que rexe tanto no eido audiovisual coma no ámbito de estudos dos alumnos da Escola e dos xornalistas en exercicio da nosa provincia.

O curso arrincou coa sesión ofrecida por Mar Fernández Romero, avogada en exercicio especializada en Dereito Constitucional. Durante a mesma, Fernández asegurou que “é vital que os profesionais en activo e os estudantes saiban cales son os dereitos e os límites a ter en conta no exercicio da súa profesión”.A letrada fixo unha achega ó dereito á honra, intimidade e imaxe nos medios de comunicación, así como ós limites e liberdades destes dereitos. Os dereitos de autor e propiedade intelectual, o rexistro de obras ou as posibles infraccións foron outros temas que abordou na sesión e que tiveron especial interese para os alumnos da EIS.

O martes, novamente en horario de 17:00 a 20:00 horas, Montse Trillo, docente especializada e avogada en exercicio, abordará os contratos de produción, distribución e licencias de emisión. O réxime xurídico das televisións e radios de carácter público e a regulación da publicidade nos medios serán outros dos temas que analizará na sesión.

A última sesión, o día 22, correrá a cargo de Xabier Alonso, profesor convidado na Universidade Autónoma de Madrid para impartir o Máster sobre Propiedade Iintelectual, creador e director do proxecto “Illa do Pensamento” e consultor e produtor de eventos culturais. Na súa intervención, Alonso centrarase na posición xurídica do organizador de espectáculos: os contratos precisos, cláusulas chave, contratos de artistas e músicos e posibles puntos de colisión ou as singularidades da contratación de espectáculos polas administracións públicas.

Actividades complementarias
O curso Dereito no Audiovisual enmárcase no plan de formación complementaria que a Fundación TIC oferta ó seu alumnado e ós seus traballadores. Entre elas, figuran a asistencia a empresas do sector audiovisual, festivais de cine ou teatro, e todos aqueles acontecementos que, segundo o Departamento de Formación da Fundación TIC, axuden a completar a formación do alumnado, dos técnicos e dos docentes, como asistencia a rodaxes ou master classes de recoñecidos profesionais do mundo audiovisual.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet