Produtora » Novas de Lugo » 2013

13/06/2013

Alumnos de 1º da EIS participarán este venres no Arde Lucus cun flashmob inspirado en películas de romanos

imaxe dos ensaios do flashmobimaxe dos ensaios do flashmob

A actividade desenvolverase na rúa da Raíña as 18:00, 19:15 e 20:00 horas e os alumnos porán en práctica os seus coñecementos sobre dirección e rexedoría de espectáculos
Este é un exemplo do modelo educativo da TIC, con prácticas en escenarios reais para unha formación de calidade e axeitada á demanda do mercado laboral

Os alumnos de primeiro de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC participarán este venres no Arde Lucus cun flashmob baseado nas escenas máis coñecidas de tres películas inspiradas na época grega e romana: 300, Gladiator e Troya. Haberá tres sesións, ás 18:00, 19:15 e 20:00 horas, que se desenvolverán na rúa da Raíña da cidade amurallada. As adaptacións incluirán tamén diversas variantes relacionadas co propio Arde Lucus, a TIC e as actividades da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual.

As actuacións serán gravadas polos alumnos como parte do flashmob, co que poñen en práctica os seus coñecementos sobre o papel do director e do rexedor nun espectáculo e as diferentes fases para a súa creación e organización. A idea, que forma parte do módulo de Planificación da Rexedoría, partiu dos alumnos de Realización, aínda que tamén colaboran os de Produción. Todo o proceso comezou no mes de xaneiro, pero foi en abril cando empezaron os ensaios, que culminarán este venres.

Prácticas en escenarios reais
O flashmob sobre o Arde Lucus súmase ó I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros (Fibes) organizado tamén polos alumnos de primeiro da Escola, que se celebrou o 10 de maio con grande éxito. As dúas actividades son exemplo de prácticas en escenarios reais, que son fundamentais para acadar unha formación de calidade e axeitada á demanda do mercado laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet