Produtora » Novas de Lugo » 2013

24/10/2013

A Fundación TIC complementa a formación do alumnado da EIS e do seu equipo de profesionais

  • archivos/fotos/grandes/_MG_1933.JPG

  • archivos/fotos/grandes/_MG_1935.JPG

  • archivos/fotos/grandes/_MG_1936.JPG







- Estudantes, docentes e técnicos da TIC asisten os cursos de Vídeo profesional e HD-DSLR, After Effects e Final Cut X , que comezaron a impartirse este mes de outubro

- As accións formativas continuarán ó longo do curso académico, en grupos reducidos para acadar unha formación máis eficaz e accesible a todos os interesados

Alumnos e profesionais da Fundación TIC están a participar nos cursos de vídeo profesional, edición e postprodución, que comezaron a impartirse, este mes de outubro, na Escola de Imaxe e Son de Lugo e no Centro de Produción de Programas da TIC. A iniciativa englóbase nas actividades dirixidas a complementar a formación do alumnado do único centro de ensino audiovisual da provincia, e no Plan de Formación Continua dos profesores e do persoal técnico da TIC.

Ampliación de coñecementos

No primeiro dos cursos, baixo o epígrafe Vídeo Profesional e HD-DSLR, faise un repaso á historia do vídeo dende o inicio ata a revolución das cámaras dixitais e a alta definición. No segundo dos cursos, abórdase o programa After Effects, que entre outras aplicacións permite realizar composicións e animacións 2D, e que é unha das materias incluídas nos módulos de Planificación e de Realización da Montaxe e Postprodución de Audiovisuais da EIS. No terceiro, amósanse as posibilidades que ofrece o programa Final Cut X para a edición profesional de vídeo.

As accións formativas terán continuidade ó longo do presente curso académico en grupos reducidos co fin de acadar que a formación sexa máis eficaz, e a dar a oportunidade que participar a todo o alumnado e os profesionais da TIC .


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet