Produtora » Novas de Lugo » 2011

29/03/2011

Bolseiros da Fundación TIC colaboran co Concello de Sarria na elaboración de vídeos promocionais da vila

bolseiros en Sarriabolseiros en Sarria

O Concello de Sarria, en cooperación coa Fundación TIC, empezou a gravar os vídeos promocionais da vila, que se colgarán na súa páxina web
Esta colaboración súmase os máis de 25 convenios que a TIC ten asinados con distintos tipos de organizacións, e que supuxo un incremento dun 300% nestas actividades

Na primeira xornada de gravación os bolseiros da Fundación TIC centraronse na actividade dos anticuarios e hoteles de Sarria, cos que realizaron diferentes tomas co fin de elaborar un vídeo promocional da vila que se mostrará na súa páxina web, e que servirá para dar a coñecer este entorno máis ala das súas fronteiras.

A Fundación TIC e o Concello de Sarria únense neste proxecto con obxetivo de publicitar a todolos niveis a riqueza da zona. Esta colaboración forma parte das accións divulgativas da TIC, que persegue dar a coñecer a un nivel máis amplo a labor dos colectivos, asociaciacións ou organismos provinciais que o necesiten. O mesmo tempo tamén facilita a incorporación o mercado laboral dos antigos alumnos da Escola de Imaxe e Son dependente da Fundación, xa que ca súa colaboración nestas accións incrementan a súa experiencia no sector audiovisual e adquiren coñecementos prácticos.

Durante o último ano a Fundación TIC incrementou enormente a súa participación neste tipo de labores, máis concretamente nun 300%. Actualmente, a entidade dependente do organismo provincial ten asinados convenios con 26 organizacións. No eido das entidades deportivas a Fundación colabora con: Agrupación Deportiva Fefeme Triatlón, Agrupación Deportiva A Pinguela, Clube Cidade de Lugo Fluvial, Clube Guimaro Motor, Clube de Tenis Mesa Dez Portas, Clube Deportivo Arco Muralla, Clube de Natación Portamiñá, Clube Patíns Lóstregos Lugo, Clube San Fernando Lucus Caixa Rural Galega, Clube Ciclista Cidade de Lugo, Clube Emevé, Escudería Miño, Fundación Azkar, Real Aeroclube de Lugo e Sociedade Deportiva Cultural Polvorín.

Asimesmo, tamén difunde o labor de 11 asociacións sen ánimo de lucro: Asociación Down Lugo, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU), Asociación Raiolas, Fundación UNICEF, Asociación Lucense de Xordos (ALUSOR), Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais (FEAFES), Asociación San Vicente de Paul, ANADE, ASPNAIS, Preescolar na Casa e Fundación Azkar.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet