Produtora » Novas de Lugo » 2011

15/09/2011

A Fundación TIC presenta o vídeo musical do grupo Arandela do Incio elaborado coa participación de bolseiros da EIS

Imaxe da presentación no IncioImaxe da presentación no Incio

Gómez Besteiro anuncia que “a Fundación continuará apoiando ós xóvenes talentos da provincia que dispoñen de poucos recursos para dar a coñecer os seus traballos”.

O grupo de folk preséntase neste vídeo con 4 temas gravados na Casa do Cabazo e en diversos lugares da contorna do Incio

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este mércores no Incio o vídeo promocional do grupo de música tradicional Arandela. O traballo foi elaborado pola TIC coa participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do eido audiovisual. Gómez Besteiro destacou que “neste caso, os nosos alumnos fórmanse na realización dun produto que non se fai habitualmente en Lugo, como é o vídeo musical, o que pode contribuír a súa inserción laboral, que é a nosa máxima prioridade”.

Á proxección do clip, á que tamén asistíu a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, tivo lugar na Casa do Cabazo, un dos escenarios nos que se gravou ó audiovisual xunto con outros da contorna deste Concello do sur da provincia.
Gómez Besteiro anunciou que “a Fundación continuará apoiando, a través de iniciativas coma esta, ós xóvenes talentos da nosa provincia que dispoñen de poucos recursos para dar a coñecer os seus traballos”. No caso de Arandela, o vídeo inclúe catro pezas musicais mais 2 videos musicais destas pezas e unha presentación do grupo.

As novas tecnoloxías coa tradición
O máximo responsable da TIC lembrou que “O Incio sempre foi terra de músicos, unha tradición que pasou de pais a fillos desde hai séculos e que, por fortuna, continúa grazas a mozos como os de Arandela”. Neste senso dixo que “poñemos as novas tencoloxías ó servizo de xóvenes músicos, da conservación da nosa tradición e da promoción dun Concello coma O Incio, cunha grande riqueza medioambiental e paisaxistica”.

O grupo de folk Arandela está formado por cinco mozos que se iniciaron na música tradicional en clases que se impartían en horario extraescolar na Cruz do Incio. Está composto por dúas gaitas, un acordeón, un tamboril e un bombo.
A TIC cos músicos lucenses
A Fundación TIC xa elaborou outros vídeos musicais de grupos lucenses como “La búsqueda” de Escala Drinker e “News conclusions” de Sun Face, e está a recibir a petición de colaboración de moitas outras agrupacións de toda a provincia.

Ademais, xunto co Concello de Lugo, a TIC apoia a músicos lucenses a través do programa “Xoves con Arte”, que ten por obxectivo a promoción de agrupacións musicais da cidade a través de maquetas que se gravaron nos estudos “Abrigueiro” que o produtor Arturo Vaquero ten en Friol.

A Fundación tamén colaborou noutros destacados proxectos audiovisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela” da eurovisiva Lucía Pérez.



Videoclip "Miñeira do Outeiro" do grupo Arandela (CPP)



Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player


Videoclip "San Roque" do grupo Arandela



Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player




< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet