Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

06/02/2015

Arranca o obradoiro de fotografía Engurras Tic, o novo programa da Fundación TIC para os maiores da provincia

  • archivos/fotos/grandes/2258_20150206_111252.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

    1

    1
  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2258_image.jpg







-Lara Méndez inaugura este programa financiado con fondos europeos, que inclúe un concurso e varias exposicións “co obxectivo de fomentar o uso das novas tecnoloxías e o lecer dixital saudable”
-Engurras Tic, que rematará o 27 de febreiro coa entrega de premios, desprazarase aos concellos de Ribeira de Piquín, Burela, Monforte de Lemos e Guitiriz
-Os interesados en participar poden inscribirse a través da páxina http://engurrastic.fundaciontic.org

A Fundación TIC, dependente da Deputación, vén de poñer en marcha Engurras Tic, un novo programa destinado aos maiores da provincia para promover un envellecemento activo, neste caso, a través dun obradoiro-concurso de fotografía.

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada polo Director de Fondos Europeos, Pablo Rivera, inaugurou este venres no Centro de Innovación Social esta iniciativa, “que servirá de instrumento para fomentar o uso das novas tecnoloxías e potenciar o lecer dixital saudable con diversas actividades, centradas na realización de fotografías e os seus aplicativos con dispositivos móbiles”.

Lara Méndez avanzou que Engurras Tic, que finalizará o 27 de febreiro, desprazarase a varios puntos da provincia, en concreto, aos Concellos de Ribeira de Piquín, Burela, Monforte de Lemos e Guitiriz. Segundo apuntou Méndez, “con este proxecto tamén queremos desterrar ideas preconcebidas e negativas sobre a vellez, xa que os maiores poden ser igual de independentes, activos e creativos que calquera outro colectivo”. Todos os maiores de 55 anos interesados en participar, poden inscribirse na páxina http://engurrastic.fundaciontic.org, onde teñen toda a información relativa aos obradoiros, ás exposicións e ao concurso.

Un obradoiro moi completo
Cada obradoiro contará coa participación dun mínimo de 10 persoas de cada zona. Os alumnos recibirán unha entretida e amena sesión na que se lles explicará as vantaxes do lecer saudable, a través do uso de diversos aplicativos para a realización de fotografías e edición das mesmas con dispositivos tecnolóxicos que teñen ao seu alcance, como smartphones, tablets e ordenadores portátiles.

O obradoiro tamén inclúe unha sesión fotográfica titorizada que ten por obxectivo orientar aos participantes para que conten, a través das imaxes que elixan, a súa experiencia como protagonistas do seu envellecemento activo. De novo na aula e con axuda dos monitores, serán capaces de retocar e compartir a través da aplicación de Instagram as súa obras.

Exposicións e premios
As fotografías que participen no concurso exporanse nos locais onde se celebrou cada obradoiro. O 27 de febreiro entregaranse os premios: catro smartphones de gama media-alta para os finalistas e unha tablet de última xeración para o gañador. Haberá un finalista en cada taller, que será escollido por votación do propio polo grupo. O vencedor será seleccionado por un xurado de expertos.

A Fundación TIC cos maiores da provincia
Engurras Tic está incluído na actuación “Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia”, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo no marco Innova-TE2, financiado nun 80% con fondos europeos. Outros proxectos destinado aos maiores que están en marcha son Sempre en activo, Memoria Dixital Tic-Tac e a programación de cursos que imparte no InLugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet