Produtora » Novas da Fundación TIC » 2014

29/12/2014
Gómez Besteiro entregou a AGAMAC o DVD sobre o antigo Camiño Real realizado pola Fundación TIC

Numeroso público, asociacións rurais e Alcaldes dos 6 Concellos polos que pasa a ruta medieval asistiron á proxección O Camiño Real en tractor que tivo lugar no Pazo de San Marcos
O audiovisual recolle a I Peregrinación de tractores clásicos polo Camiño e amosa lugares de interese do itinerario como a Casa de Cela ou a ponte de Carracedo
A TIC colabora coa Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica na difusión da súa actividade. Neste caso, a recuperación da antiga vía comercial que une os Camiños Francés e Primitivo



21/12/2014
Alumnos da TIC reciben os primeiros premios Tico en recoñecemento ós mellores traballos do pasado curso

- A entrega dunha decena de galardóns tivo lugar durante unha gala organizada polos estudantes da EIS nas instalacións da Fundación TIC O acto incluíu a estrea da webserie Haters, que alumnos e titulados da Escola presentan ós Mestre Mateo, e dun lipdub de felicitación do Nadal



20/12/2014
A Fundación TIC grava o concerto solidario de Noemí Mazoy en favor do Banco de Alimentos de Lugo

- Bolseiros e persoal técnico da TIC recollerán nun DVD a gala benéfica que o Banco de Alimentos de Lugo celebrará no Círculo das Artes o domingo, ás 19:30 horas
-Na actualidade, a TIC difunde o labor de máis de 130 entidades da provincia coas que mantén convenios de colaboración ó tempo que favorece a inserción dos alumnos titulados na EIS



19/12/2014
Desexámosvos unhas felices festas! E facémolo con este lipdup que elaboraron os nosos alumnos e profesores.



18/12/2014
Alumnos da Escola de Imaxe e Son gravan dous informativos de televisión como complemento á súa formación

-Os estudantes realizaron todas as tarefas necesarias para levar adiante dous espazos informativos de 20 minutos de duración cada un
- Trátase dunha práctica real máis que ofrece a TIC ós estudantes para vincular a súa formación ás demandas do sector audiovisual



17/12/2014
Noticia de Lugo: A TIC na homenaxe a Manuel María "Andando a Terra"



15/12/2014
A TIC colabora na homenaxe a Manuel María Andando a Terra o martes no Auditorio Gustavo Freire

- O espectáculo é a culminación dun proxecto interdiciplinar no que o alumnado do centro educativo Galén compartirá escenario coa cantante Uxía Senlle
- Os alumnos da EIS gravarán a gala cunha unidade móbil e cinco cámaras como práctica nun escenario real, dentro do programa de formación complementaria
- O Centro Galén é unha das 130 organizacións coas que colabora a TIC. Neste caso o obxectivo é o intercambio de experiencias formativas



12/12/2014
A TIC impulsa a labor da Fundación Secretariado Gitano cun DVD sobre o programa Aprender Traballando

-O traballo audiovisual, que se presenta o 19 de decembro na sede da FSG, recolle as experiencias dos participantes e orientadores deste programa de formación e emprego
-Un equipo de profesionais e bolseiros da TIC realizou o DVD, que se inclúe dentro da colaboración que a entidade mantén con diferentes asociacións da provincia.



05/12/2014
Noticia de Lugo: Obradoiro de radio do InLugo na TIC



03/12/2014
A TIC apoia ás asociacións lucenses no Día Internacional do Voluntariado Social

-A Fundación realizará unha extensa reportaxe da xornada lúdica que se celebra este venres 5 de decembro, no Museo Provincial, co lema Froito da Solidariedade. Éche outro Conto!
-Con esta achega, a TIC contribúe á difusión do labor social dunha decena de entidades sen ánimo de lucro que forman parte da rede lucense de voluntariado



03/12/2014
Un grupo de maiores participa no taller de radio da TIC

-O curso de dez horas inclúese no programa gratuíto de formación en TICs que o Centro de Innovación Social InLugo dirixe ás persoas maiores da provincia
-As sesións estanse a desenvolver no estudo de radio da Escola de Imaxe e Son, impartidas por un técnico e unha docente da EIS



28/11/2014
A TIC colabora coa Cruz Vermella na difusión do aniversario máis solidario da Muralla Patrimonio da Humanidade

-O evento benéfico prevé reunir este domingo a unhas 2.000 persoas con paraugas vermellos no adarve do monumento romano no día que se cumpren 14 anos da súa declaración como ben Patrimonio da Humanidade
- A Fundación realiza labores de produción, elaborará unha ampla reportaxe e tomará imaxes aéreas do evento que porá a disposición dos medios que o soliciten
-Os fondos que se recaden con esta iniciativa a través da venda dos paraugas, a un custe de 3 euros, destinaranse á campaña contra o ébola que promove a organización humanitaria



24/11/2014
A Fundación TIC gravará o V Festival de Danza a favor de Unicef para difundir o labor da ONG

- Bolseiros e persoal técnico da TIC recollerán nun DVD a gala benéfica que a organización humanitaria celebrará no Círculo das Artes de Lugo o mércores, ás 20:00 horas
- Na actualidade, a TIC difunde o labor de máis de 130 entidades da provincia coas que mantén convenios de colaboración ó tempo que favorece a inserción dos alumnos titulados na EIS



20/11/2014
Noticia de Lugo: O lucense Daniel Acebo, gañador do concurso internacional Lumion 2014



19/11/2014
Gómez Besteiro, López Orozco e Marta Rivera visitan a rodaxe da miniserie Hotel Almirante, na que colabora a TIC

- O Círculo das Artes, as rúas do centro da cidade e varias instalacións da Escola de Imaxe e Son, escenarios do telefilm baseado na novela homónima da escritora lucense
- O Presidente da TIC destacou que “proxectos coma este, que apoiamos a través da nosa Film Commission, son a mellor campaña de promoción da provincia”
- Catro bolseiros da Escola de Imaxe e Son forman parte do equipo de 150 persoas, que rodarán ata o 26 deste mes en Lugo



17/11/2014
Noticia de Lugo: Éxito de participación no flashmob "SOMOS Unidos por el Cáncer"



15/11/2014
Ensino de calidade, innovación, benestar dos maiores e promoción da provincia, claves da TIC para 2015

-O Padroado aproba un orzamento de 1,6 millón de euros para a Fundación TIC, que manterá a gratuidade da matrícula da EIS por oitavo curso consecutivo
-Gómez Besteiro dixo que “apostaremos pola Animación 3D, potenciaremos o Lugo Film Commision e incrementaremos o labor social con convenios de colaboración, que xa superan os 130”
-Anunciou que a TIC seguirá a xestionar o Plan de Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia no InLugo cunha nova encomenda



03/11/2014
Noticia de Lugo: Primeiros ensaios para o flasmob de Somos Unidos por el Cáncer



30/10/2014
A TIC entrega os vídeos realizados polo alumnado da EIS ós participantes no Comercio na rúa e a Noite Aberta

-Os DVD foron gravados e editados polos estudantes da Escola nas prácticas que realizaron nos eventos organizados en 2014 pola Asociación de Autónomas
-Con esta achega, a TIC contribúe á promoción da actividade comercial lucense e o desenvolvemento do sector



17/10/2014
A TIC participa na retransmisión da tradicional chegada dos cabalos á feira das San Lucas de Mondoñedo

-A Fundación colabora coa Asociación As San Lucas para facer posible o seguimento en directo deste espectáculo a través dunha pantalla xigante na Praza da Catedral
-Tamén contribuirá cun DVD e reportaxes á difusión da feira máis antiga de Galicia e unha das que conta con maior tradición en toda España
-Un concerto de Kepa Junkera, unha homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela e un espectáculo musical realizado polos mindonienses Voces da Paula son algúns dos pratos fortes que gravará a TIC



16/10/2014
Noticia de Lugo: A TIC participa na homenaxe a Díaz Castro na súa casa natal



15/10/2014
Noticia de Lugo: O director Alejandro Marzoa inaugura o curso 2014/2015 da EIS



15/10/2014
Noticia de Lugo: O director Alejandro Marzoa inaugura o curso 2014/2015 da EIS



15/10/2014
A TIC presenta en Guitiriz a curta sobre a obra poética Nimbos na homenaxe a Díaz Castro

-A proxección do audiovisual tivo lugar nos Vilares, parroquia natal do poeta guitiricense e escenario da rodaxe do film que está interpretado por 7 veciños da zona
-Realizado por técnicos da Fundación, o proxecto amosa o funcionamento da imprenta tipográfica cunha Aldana dos 60 pertencente ó Centrad



15/10/2014
O galego Alejandro Marzoa, candidato ao Goya 2014 á mellor dirección novel, inaugura o novo curso da EIS

-Gómez Besteiro dixo que “Marzoa é un exemplo para os nosos alumnos de como con talento, boa formación e moitas gañas se pode triunfar no mundo do cine”
-Gañador do Mestre Mateo e candidato ó Goya por Somos xente honrada, Marzoa súmase á longa lista de profesionais de prestixio que expuxeron a súa experiencia ós alumnos da EIS
-O máximo responsable da TIC anunciou que “este ano afrontamos un novo reto: a Animación 3D, un dos sectores con máis proxección laboral” e lembrou que este curso se cubriron por sétimo ano consecutivo todas as prazas con matrícula gratuíta



13/10/2014
Lugo será o plató de rodaxe da miniserie Hotel Almirante na que colabora a Fundación TIC

Gómez Besteiro dixo que “como representantes de Film Commission traballamos para que a nosa provincia sexa atractiva como destino de producións cinematográficas e audiovisuais”
Catro bolseiros da EIS participarán na gravación grazas ó convenio con Formato Producciones, que rodará no centro de Lugo cun equipo de máis de 150 persoas entre profesionais e figurantes
Protagonizada por Ana Turpin e dirixida por Antonio Cuadri, a miniserie de dous capítulos está baseada na novela homónima da lucense Marta Rivera de la Cruz



10/10/2014
San Froilán 2014: Artesanfroilán



10/10/2014
Noticia de Lugo: FEAFES apostapola integración sociolaboral no día Mundial da Saúde Mental



02/10/2014
Os alumnos da TIC volven coas cámaras á rúa na V Noite Aberta

- Os estudantes de 2º da Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro público da provincia no eido audiovisual, gravarán o desfile de moda e as actuacións musicais do evento no que participan 60 comercios da capital
- Co material resultante, editarán un vídeo e reportaxes que contribuirán á promoción do comercio de Lugo ó abeiro do convenio asinado coa Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais



29/09/2014
NOTICIA DE LUGO: A TIC acolle NutreTIC, programa de hábitos saudables para maiores



16/09/2014
Breves Lugo: A TIC proxecta "Miranda, mítica e real" na Semana de Cine de Autor



15/09/2014
Breves Lugo: Arranca o curso 2014-2015 na EIS da Fundación TIC



12/09/2014
Breves Lugo: Nova tempada InLugo



12/09/2014
Noticia de Lugo: Nova tempada de cursos do InLugo para maiores da provincia



11/09/2014
A TIC proxectará o 16 de setembro no MIHL a curtametraxe Miranda, mítica e real con motivo da Semana de Cine de Autor

-O documental, que descobre a realidade da mítica Miranda, onde o escritor Álvaro Cunqueiro sitúa a narración de Merlín e familia, poderá verse ás 20.00 horas
-Bolseiros da TIC tamén realizaron do spot promocional do certame que se proxectará antes do pase de cada película



10/09/2014
Cursos e Talleres gratuítos para os Maiores da Provincia de Lugo



10/09/2014
O InLugo cos maiores da provincia



10/09/2014
A TIC súmase á difusión da candidatura mundial da Ribeira Sacra ó ritmo de tractores clásicos

-Bolseiros e técnicos da TIC gravarán este domingo a última etapa da ruta de tractores agrícolas clásicos, na que 15 vehículos dos anos 50 e 60 percorrerán os concellos de Sober, Pantón e Chantada
-O apoio da Fundación a esta homenaxe ó rural galego enmárcase no convenio de colaboración subscrito con AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica



06/09/2014
COMEZO DO CURSO 2014-15 A Escola de Imaxe e Son de Lugo comenzará este curso académico ca xornada de presentación o próximo día 12 de setembro

Ás 10.30 h. realizarase a presentación para os alumnos do primeiro curso dos ciclos de Produción e Realización de Audiovisuais e Espectáculos.
Á 13.00 h. realizarase a presentación para os alumnos do segundo curso de ámbolos dous ciclos.



05/09/2014
Noticia de Lugo: A Tic apoia a V edición do Street Market



05/09/2014
A TIC apoia a XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor cun vídeo da provincia que se proxectará antes de cada película

-A Fundación TIC tamén difundirá a través das redes o festival, que inclúe 30 longametraxes, 30 curtas e 8 documentais
- Regina Polín anunciou que “o documental Miranda, mítica e real ,realizado por alumnos da EIS, proxectarase na Deputación dentro da sección Colleita Dourada



04/09/2014
Noticia de Lugo: A TIC grava performance contra a trata de persoas



02/09/2014
A TIC grava unha performance sobre explotación sexual que se proxectará nun congreso contra a trata o 19 de setembro en Lugo

-Un equipo formado por bolseiros e profesionais elaboraráun vídeo coas reaccións dos viandantes ante a actitude insinuante dunha muller en varios escaparates
-A III Xornada contra a trata contará coa participación de expertos xuristas, académicos dos corpos de seguridade e de asociacións que traballan coas vítimas
-A colaboración da TIC é froito do convenio con Aliad Ultreia, unha das 10 asociacións que forman parte da Rede galega contra a trata que organiza o encontro



02/09/2014
A TIC contribúe á promoción do comercio lucense coa gravación do V Street Market este venres en Lugo

-Bolseiros e técnicos da TIC realizarán reportaxes e un amplo DVD para difundir a iniciativa coa que Autónomas, Deputación e Concello impulsan a vida comercial no centro da cidade
- Establecementos de todas sa rúas do centro participarán neste mercado con descontos do 50% a máis do 80% nun amplo catálogo de produtos



19/08/2014
Noticia de Lugo: 1º Festival Osa do Mar en Burela o 12 e 13 de setembro



19/08/2014
A TIC colabora un ano máis coa asociación cultural Mundo de Galea nos actos celebrados polo Día do Mariscal

A Fundación súmase á homenaxe a Pardo de Cela a través da gravación do evento para a súa difusión en formato DVD e a elaboración dunha reportaxe informativa
Lino Rico, músico e profesor do Conservatorio de Música de Viveiro, Xosé Vizoso, artista plástico, Martín Fernández, xornalista e escritor, e Cruz Otero, directora do Colexio Público nº1 de Foz únense á lista dos persoeiros mariñanos nomeados cabaleiros e donas no Día do Mariscal



15/08/2014
A TIC colabora na difusión do 1º Festival Osa do Mar que se celebra en Burela o 12 e 13 de setembro.

Máis de 20 agrupacións de música alternativa actuarán no encontro organizado pola Asociación Fanto Fantini coa que a Fundación ten asinado un convenio de colaboración
A TIC contribuirá a súa promoción con reportaxes sobre o evento que terá lugar na zona da praia da Marosa e que inclúe un amplo programa de actividades deportivas e lúdicas
Alfredo Llano destacou “o apoio da TIC a iniciativas promovidas polo tecido asociativo e a prol do fomento cultural e turístico da provincia”



14/08/2014
O Incio acolle este domingo un Encontro de Campás e Campaneiros que recolleran as cámaras da TIC

A Fundación TIC contribuirá a difusión do encontro coa elaboración dunha reportaxe para súa difusión a través de Internet
A xornada, que terá lugar na igrexa de San Martiño de Laiosa inclúe a demostración de expertos e a posibilidade de que os asistentes toquen estes instrumentos



11/08/2014
A TIC súmase á homenaxe ó escritor Arcadio López Casanova organizada polos veciños do Páramo

-A Fundación TIC colabora na homenaxe ó académico lucense coa gravación íntegra do evento, que se recollerá nun DVD, e a elaboración dunha reportaxe para a súa difusión a través de internet
- Ó acto, ó que acudiu o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, rematou co descubrimento dunha escultura de Xesús Novo, o canteiro de Palas de Rei



08/08/2014
Noticia de Lugo: A TIC colabora nunha curta en homenaxe á Ribeira Sacra



05/08/2014
A TIC colabora coa Banda de Música de Chantada na gravación dunha curta en homenaxe á Ribeira Sacra

-Bolseiros da TIC participan na rodaxe de Ventos do Norte, que se difundirá en soporte DVD e en redes sociais grazas á colaboración da Fundación
- A curta, que ten como fío conductor a música do compositor Antón Alcalde, está protagonizada por cinco personaxes: a Ribeira Sacra, un viticultor, a Banda de Chantada, nenos da zona e o Monte do Faro
-Esta colaboración forma parte do apoio da Fundacíón para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patromonio da Humanidade pola UNESCO



30/06/2014
II Campus de Verán USC Científico-Técnico 2014



24/06/2014
Gómez Besteiro entrega o vídeo musical da campaña solidaria Caminando con Saúl Cancio realizado pola TIC

O Presidente fixo entrega de copias a Saúl e a cada un dos 18 escolares do colexio María Auxiliadora que participaron no lipdub no que cantan a canción Un millón de amigos
O audiovisual divulgarase en Internet e redes sociais co fin de recadar fondos para o custoso tratamento do neno, que sofre unha enfermidade rara que lle impide camiñar
O traballo foi gravado e editado por alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son da TIC, dentro das prácticas que ofrece o único centro da provincia no eido audiovisual



24/06/2014
A Fundación TIC colabora co II Campus de Verán Científico Técnico de Lugo

Un equipo da Fundación TIC asesorará ós preuniversitarios na realización de vídeos de presentación dos seus proxectos
A Escola de Imaxe e Son da TIC tamén achegará ós participantes a súa proposta de estudos
O obxectivo do Campus é dar a coñecer as carreiras científicas e técnicas que ofrece a Universidade dende un punto de vista práctico



20/06/2014
Noticia Clausura curso 2014



20/06/2014
A Fundación TIC impulsa o fútbol base lucense coa elaboración dun spot promocional do 9º Torneo Polvorín

O Patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron o audiovisual no que participaron bolseiros da Escola de Imaxe e Son
Santos Ramos destacou que “con esta colaboración contribuímos á promover o deporte base, e serve de práctica ós bolseiros da Escola da Imaxe e Son”
A Fundación TIC gravará a fase final do Torneo, que terá lugar o domingo día 22 no campo do Polvorín



20/06/2014
GALERÍA GALA GRADUACIÓN 2014 2/2



20/06/2014
GALERÍA GALA GRADUACIÓN 2014 1/2



18/06/2014
A Fundación TIC colabora co III Noise off live Festival 2014 para conmemorar o Día Europeo da Música o 21 de xuño

-A TIC emitiu este martes porstreaming a actuación do grupo lucense “Disco Las Palmeras”
-O Noise off live Festival é un macro concerto a través de Internet no que actúan grupos de todas as provincias españolas



17/06/2014
Día de la Música Online LIVE 52 en Noise Off Festival



16/06/2014
A Escola de Imaxe e Son abre este luns o prazo de preinscrición de matrícula que será gratuíta por 7º ano consecutivo

-Todos os interesados poden preinscribirse do 16 ó 27 de xuño para optar ás 44 prazas de primeiro de Realización e Produción no curso 2014-2015
-O 8 de xullo publicarase a listaxe definitiva de admitidos e a matrícula poderá formalizarse do 9 ó 16 de xullo na sede do centro educativo en horario de mañá



13/06/2014
Alumnos e bolseiros da TIC súmanse o espírito do Arde Lucus coa realización de fotografías ós visitantes

- Os alumnos da Escola de Imaxe e Son colaboran na campaña do Arde Lucus nunha das prácticas complementarias á súa formación
- Os traballos consisten na realización de fotografías a todos os lucenses e visitantes que se acerquen pola carpa sita na rúa da Raíña que ilustrará unha portada personalizada do xornal El Progreso



13/06/2014
A TIC colabora o 17 de xuño co III Noise off live Festival 2014 na emision por streaming da actuación de Disco las Palmeras

-Este festival é un macro concerto a través de internet no que actúa un grupo por cada provincia española e que durará de xeito ininterrompido desde as 10 da mañá ás 11 de noite do vindeiro martes
-Alumnos e técnicos da TIC serán os encargados da realización e da emisión da actuación do grupo lucense que será ás 19:00 horas



13/06/2014
Noticia de Lugo: A TIC colabora coa campaña solidaria Camiñando con Saúl



11/06/2014
A Fundación TIC súmase á campaña solidaria Caminando con Saúl Cancio coa realización dun lipdub

-Saúl Cancio, de 6 anos, sofre unha enfermidade sen diagnosticar que lle impide camiñar e que require terapias moi custosas
-Alumnos e bolseiros da TIC participan na gravación e edición dun vídeo musical,no que Saúl e os seus compañeiros de clase cantan a canción Un millón de amigos,para a súa difusión a través das redes sociais
-A iniciativa partiu dos pais e nais do colexio María Axuliadora co obxectivo de recadar fondos que contribúan a mellorar a calidade de vida do neno



10/06/2014
Noticia de Lugo: Marketing de guerrilla para promocionar a EIS



09/06/2014
Alumnos da Escola de Imaxe e Son sorprenden ós lucenses na rúa cunha creativa campaña para promocionar o centro

-Os estudantes revolucionan a Praza Maior de Lugo poñendo en práctica a innovadora estratexia do marketing de guerrillas inspirada nun exitoso spot da TNT
-A simulación dun asasinato, un arresto ou o secuestro dunha muller foron algunhas das accións que se sucederon de forma inesperada
-A actividade inclúese no programa de prácticas da TIC enfocado a espertar o espirito emprendedor do alumnado coa realización dos seus propios proxectos



05/06/2014
Alumnos da TIC gravan unha mesa redonda sobre o futuro do SNS para a súa emisión en Telelugo

-Grazas a esta actividade, froito do convenio de colaboración co grupo El Progreso, o alumnado practica nun escenario real a realización dun programa de televisión
-Expertos e voceiros de Sanidade no Congreso dos Deputados analizaron os retos do Sistema Nacional de Saúde



04/06/2014
Noticia de Lugo: A TIC colabora co CPI de Navia de Suarna na rodaxe dunha curta



03/06/2014
A Fundación TIC colabora co CPI de Navia de Suarna na realización dunha curtametraxe

-A TIC titoriza o proceso de elaboración do proxecto dentro do seu obxectivo de achegar a cultura audiovisual a todos os centros da provincia.
-A rodaxe desenvólvese entre o 2 e o 3 de xuño nas instalación do CPI Doctor Daniel Monjede Navia de Suarna
-A curta é una recreación da obra de Agatha Christie“Asasinato no Orient Express”, elaborada polos alumnos de 3º e 4º da ESO



30/05/2014
Un módulo sobre Scrum pon o peche ó 1º curso de deseño de videoxogos organizado pola TIC

-22 persoas, a metade alumnos e titulados da EIS, participaron nesta actividade que ten por obxectivo formar nun sector recoñecido como motor económico dentro da industria do entretemento.
-A última actividade do curso foi a realización do exame de certificado para obter a acreditación profesional ScrumManager, sen ningún custe adicional para os alumnos



30/05/2014
O scrum Manager pecha o curso de deseño de videoxogos da TIC



29/05/2014
A TIC tutela o II Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros que organizan alumnos da EIS o 6 e 7 de xuño

- O FIBES é unha iniciativa pioneira en Galicia que xurdiu o ano pasado na Escola de Imaxe e Son e que nesta edición promoven dous alumnos de 2º do ciclo de Produción
- Regina Polín afirmou que “na TIC apostamos pola cultura emprendedora, aportando as ferramentas e formación necesarias para que os alumnos creen os seus propios proxectos”
- Alumnos e bolseiros da EIS realizarán a gravación íntegra do FIBES, que aumenta a súa programación a dous días, nos balcóns da Deputación, Concello e lugares emblemáticos da cidade



29/05/2014
A Fundación TIC colabora coa Asociación Brinquedia achegando os xogos tradicionaisás novas xeracións

-Un equipo da TIC recollerá nun DVD oVIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que reunirá o sábado en Cabreiros a uns 300 escolares da provincia e de toda Galicia
-A cita estará aberta o público e contará con mais de 40 exhibicións no campo de fútbol e na Área Recreativa desta parroquia de Xermade



29/05/2014
Noticia de Lugo: II Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais InLugo



22/05/2014
Noticia de Lugo: Obradoiro do InLugo para maiores "Xogamos co corpo" .



13/05/2014
Masterclass DIRECCION DE ACTORES

Giselle Llanio compartiu na Escola de Imaxe e Son de Lugo - Fundación TIC a súa experiencia na dirección de actres co alumnado de Realización e Produción Audiovisual.



12/05/2014
A TIC apoia a Asociación de Colombianos Inmigrantes para acadar unha oficina consular en Lugo

-O colectivo organizou un acto de apoio ó proceso de paz iniciado no seu país, este venres, no centro sociocultural Uxío Novoneyra, que incluíu unha vídeo conferencia con membros do Goberno de Colombia
- Un equipo da TIC gravou o encontro e editará un vídeo para difundir no exterior, ó abeiro do convenio asinado pola TIC e Fundesarrollo, para promover o labor que están a desenvolver na provincia



08/05/2014
A TIC colabora co Concello de Rábade contribuíndo á mellora da calidade de vida dos maiores do municipio

-Alumnos, bolseiros e técnicos da Fundación gravarán este venres a actuación do artista David Prado que incluirá a presentación do tema 80 días, cantado polos maiores de Rábade
-A actividade, que terá lugar no Centro Sociocultural ás 20:30 horas, será o colofón ó obradoiro de canto moderno dentro dun programa para a prevención da dependencia
-Esta iniciativa é unha nova colaboración da TIC cos Concellos para promover a provincia e divulgar as actividades que organizan



08/05/2014
Masterclass Audiovisual Musical



28/04/2014
CAMPEONATO GALLEGO DE CLUBES 2/2



28/04/2014
CAMPEONATO GALLEGO DE CLUBES 1/2



25/04/2014
A TIC emitirá en directo por internet o campionato Galego de Atletismo para clubes que se celebra este sábado en Lugo

- Un equipo formado por alumnos, bolseiros e profesionais serán os encargados da emisión das probas que se desenvolverán no Estadio Gregorio Pérez Rivera todo o día
- A Fundación tamén transmitirá por streaming a conferencia da periodista e escritora Cristina Martín Jiménez mañá ás 20:00 horas no salón de actos da Deputación



25/04/2014
Noticia de Lugo: Curso InLugo "Organízate co teu móvil"



24/04/2014
En directo dende esta web, a partir das 11:00 horas, o III Concurso Lucus Intercentros dende o IES Muralla Romana

- Alumnos de 2º da Escola de Imaxe e Son realizan o streaming con cinco cámaras, dende unha unidade móbil, co fin de que os estudantes dos centros participantes poidan seguir en tempo real o evento desde as aulas
- A Fundación e o instituto Muaralla Romana manteñen unha estreita colaboración que se intensificou nos últimos anos e que inclúe a edición de un DVD sobre o certame



24/04/2014
Alumnos de 1º da Escola de Imaxe e Son rodan a curta Despierta co apoio da Fundación TIC

-A TIC titoriza o proceso de elaboración do proxecto dentro do seu obxectivo de fomentar a cultura emprendora entre os alumnos e titulados da Escola
-A curta, que se gravará ata o vindeiro luns nas instalacións da EIS, aborda o tema do acoso escolar



19/04/2014
A TIC titoriza a curta Sara que rodan esta ponte titulados da Escola de Imaxe e Son

A rodaxe desenvolverase entre o 17 e o 19 de abril nas localidades de Lugo e Sarria e estará aberta á participación de calquera interesado o sábado ás 10:00 horas na zona da Avenida de Madrid
A Fundación apoia o proceso de elaboración e promoción do proxecto dentro do seu obxectivo de fomentar a cultura emprendedora entre os alumnos da EIS



16/04/2014
A Fundación TIC apoia as Semanas Santas de Lugo e Viveiro coa difusión dos seus actos centrais

Alumnos, bolseiros e profesionais da TIC distribuídos en varios equipos elaboran diversos produtos audiovisuais para promocionar as Semanas Santas máis destacadas da provincia
As procesións de Ramos e da Virgen de la Esperanza en Lugo ou tradicional tamborrada de Viveiro, xunto á Última Cena e El Prendimiento de Viviero, son Semanas Santas máis destacadas da provincia



14/04/2014
A TIC grava a I Exposición de Camelias de Lugo

As cámaras da TIC percorreron o recinto feiral ateigado de público, para gravar unha reportaxe da festa declarada de Interese Turístico, que este ano pregoou o músico Carlos Núñez
-O traballo audiovisual cumpre un dos obxectivos principais da Fundación como é a promoción da provincia a través das actividades que organizan os Concellos



14/04/2014
A Fundación TIC acudiu un ano mais á Feira do Viño de Amandi de Sober

As cámaras da TIC percorreron o recinto feiral ateigado de público, para gravar unha reportaxe da festa declarada de Interese Turístico, que este ano pregoou o músico Carlos Núñez
O traballo audiovisual cumpre un dos obxectivos principais da Fundación como é a promoción da provincia a través das actividades que organizan os Concellos



11/04/2014
Máis de 60 alumnos franceses participaron esta semana nas visitas didácticas da Fundación TIC

- Os estudantes de secundaria das cidades de Redon e La Rochelle visitaron as instalacións da entidade e participaron nos Ticodiarios
- Os dous grupos están en Lugo con motivo de intercambios de estudos co colexio San José e o IES Virxe dos Ollos Grandes



10/04/2014
A Fundación TIC presenta un vídeo promocional da XXIII Festa da Faba de Lourenzá

- Santos Ramos dixo que “con esta colaboración contribuímos á promover un dos nosos produtos autóctonos de calidade, e serve de práctica ós bolseiros da EIS”
- O DVD recolle as actividades organizadas polo Concello mariñán durante ós tres días do evento, declarado de Interese Turístico Galego no ano 2000
- Ademais, a TIC elaborou outro vídeo para a web do Concello e difundiu varios produtos audiovisuais na rede, en canles de televisión e en emisoras de radio



09/04/2014
Gómez Besteiro anunciou unha nova convocatoria de 366 prazas gratuítas para 30 cursos de formación en TICs para maiores

- Estes cursos e obradoiros organizados pola Fundación TIC ofrecerán 157 horas de formación gratuíta no Centro de Innovación Social InLugo e noutros Concellos da provincia a partires do 21 de abril. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.org
- O Presidente fixo entrega dos diplomas de asistencia ós participantes nas últimas 25 accións formativas deseñadas para mellorar a calidade de vida dos maiores lucenses, 600 dos cales xa tomaron parte nesta programación dende a súa posta en marcha o pasado ano



09/04/2014
Alumnos da TIC gravan na Praza de Abastos o flasmob organizado polo Concello de Lugo para amenizar o día de mercado

-Máis de 20 escolares da Milagrosa e integrantes de Alume escenificaron a coreografía do tema “Qué rico o mambo”, interpretado pola Banda Municipal



08/04/2014
Masterclas Dani De La Torre

O director e realizador Dani De La Torre Alvaredo compartiu co alumnado da Escola de Imaxe e Son de Lugo - Fundación TIC as súas impresións e experiencias na realización de TV Movies. Este novo director galego está a piques de rodar a súa primeira longametraxe "El desconocido" con Luis Tosar.



08/04/2014
Escolares franceses de La Rochelle visitan as instalacións da TIC

- Alumnos de secundaria procedentes de cidade francesa participaron nun Ticodiario dentro do programa de visitas didácticas organizadas pola Fundación TIC
-Coñeceron de preto como se realiza un programa de televisión e presentaron o seu propio informativo



04/04/2014
A TIC colabora co Concello da Fonsagrada na 1ª Ruta Cicloturista dos Lobos que se celebra este domingo

-Alumnos, bolseiros e profesionais da Fundación elaborarán un DVD e reportaxes para difundir na rede e nos medios esta ruta na que participarán 270 persoas e descubrirá algunhas das paisaxes máis fermosas da Montaña luguesa
-Álvaro Santos dixo que “esta colaboración forma parte do obxectivo da Fundación de promocionar a provincia e as actividades que organizan os Concellos”



03/04/2014
Jorge Algora compartiu con alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo - Fundación TIC unha charla sobre a produción e realización de longametraxes.



01/04/2014
A TIC difunde a campaña de sensibilización da Asociación Capaces Lugo

-A entidade lucense, constituída a finais de 2013, conmemora o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo coa colocación de globos azules na muralla romana, un curso sobre intervención nos casos de TEA e un percorrido polo adarve
- Un equipo da TIC gravará as actividades e realizará unha reportaxe para difundir en varios medios de comunicación e redes sociais, ó abeiro do convenio asinado pola TIC e Capaces Lugo, para promover o labor que están a desenvolver na provincia



29/03/2014
Candidatos ós Mestre Mateo á mellor serie web comparten experiencias cos alumnos da EIS

-Na mesa redonda participaron os creadores das webseries Canillejas, Pablo Fontela e Manu Barreiro; Joke Business; Deborah Vukusic; e El Quid, Raúl García e Bruno Nieto
-Gómez Besteiro dixo que “este novo formato, polas súas características técnicas e de baixo custe, é unha gran oportunidade para que os nosos alumnos desenvolvan o seu talento”
-A iniciativa forma parte dos Encontros Mestre Mateo, organizados pola Academia do Audiovisual Galego como preámbulo á XII edición destes premios que entregarán o 12 de abril na Coruña



25/03/2014
Alumnos de primeiro curso de Realización e Produción da EIS asisten ó XIV Festival de Teatro Grecolatino da cidade de Lugo

Os estudantes asistiron á representación de AULULARIA de Plauto, do grupo Noite Bohemia de A Coruña e gañadora do Festival Grecolatino do pasado ano.O obxectivo principal é comprobar “in situ” e de xeito real o traballo e organización dun grupo de teatro e a posta en escena dunha obra.



21/03/2014
Noticia de Lugo: Alumnos da EIS e IES Ollos Grandes colaboran nun concurso de curtas



21/03/2014
PROGRAMA RETA-DOS



20/03/2014
A TIC achega o audiovisual ós alumnos do IES Ollos Grandes coa gravación en directo dun concurso de curtametraxes (CINCO E ACCION)

- Alumnos de 2º curso de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son gravaron o programa no que se proxectaron curtas realizadas polos estudantes da ESO, o making of e entrevistas en directo
- Un xurado estivo formado polos cineastas Jorge Coira, Xacio Baño e Manuel Curiel
- A iniciativa, froito dun convenio entre a TIC e o instituto lucense, permitiu que os alumnos de secundaria coñeceran o proceso de creación dunha obra audiovisual, e serviu de práctica real ós estudantes que rematan este ano a súa formación na EIS



18/03/2014
A Fundación TIC difunde o labor da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo ante os afeccionados do Breogán

-Os asistentes ó encontro do sábado entre Breogán e Palencia poderán ver nun traballo audiovisual realizado pola TIC a visita que o equipo realizou á Protectora.
- O obxectivo principal é potenciar os apadriñamentos entre os afeccionados ó baloncesto lucense.



15/03/2014
A Fundación TIC cubrirá coas súas cámaras a Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU) e realizará numeroso material audiovisual para a súa difusión en redes sociais e medios de comunicación

A Fundación TIC un ano máis cubrirá coas súas cámaras as diferentes actividades programadas, os días 4, 5 e 6 de abril no recinto Feiral Manuel Vila López, para elaborar posteriormente material audiovisual co que difundir o evento a través das redes sociais e medios de comunicación.



15/03/2014
Noticia de Lugo: A TIC colabora coa IV Street Market de Lugo



13/03/2014
A Fundación TIC apoia ó pequeno comercio coa difusión do Street Market da cidade de Lugo

Co material gravado ó longo do día, técnicos, bolseiros e alumnos de primeiro de realización da TIC realizarán audiovisuais que se van difundir en varias canles de televisión, medios de comunicación dixital, e nas redes sociais
A colaboración é froito dun convenio coa Asociación de Autónomas de Lugo, que está a dar resultados positivos para a promoción do comercio local e das posibilidades laborais dos titulados da Escola de Imaxe e Son



12/03/2014
Noticia de Lugo: Alumno EIS colabora na promoción das caboverdianas Batuko Tabanka



05/03/2014
BARISTAS II CAMPEONATO INTERNACIONAL DE PROFESIONALES DIA 02



27/02/2014
Alumnos da TIC e do IES Ollos Grandes colaboran na produción dun concurso televisivo de curtametraxes

Estudantes da ESO guionizaron e filmaron catro curtas dun minuto co apoio dos alumnos que este ano rematan os ciclos de Produción e Realización da EIS
A gravación do programa será o día 19 de marzo, nas instalacións da TIC, coa proxección das fitas, o making of e entrevistas en directo ós concursantes
A actividade, froito dun convenio entre a TIC e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, ten como fin dar a coñecer ós alumnos de secundaria o proceso de creación dunha obra audiovisual, e que vexan como se realiza un programa en directo



27/02/2014
Ángel De la Cruz compartiu con alumnos e profesores a súa experiencia e coñecementos na escritura, planificación e producion de longametraxes de animación.



18/02/2014
Noticia de Lugo: Curso do InLugo sen barreiras, con intérprete de signos



13/02/2014
Taller de Videoclips

Juan Lesta e Belén Montero, fundadores da empresa Esferobite, compartiron con alumnos e profesores da Fundacion Tic o seu punto de vista e as súas experiencias no campo da realización de videoclips musicais.



13/02/2014
Noticia de Lugo: Día internacional da internet segura no In Lugo



12/02/2014
1.300 persoas seguiron en directo o VII Campionato de Baristas de Escolas de Hostalería a través da web da TIC

- Lara Méndez e Alfredo Llano asistiron á final desta competición na que participaron 17 Escolas de Hostalería de España e Portugal
- Os responsables provinciais destacan o amplo seguimento das probas grazas ós alumnos da EIS, encargados da realización, gravación e emisión por streaming
- Mañá tamén se emitirá a través da web www.fundaciontic.org o II Campionato Internacional de Baristas Profesionais



10/02/2014
Un ano máis, os alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo - Fundación TIC realizan en directo o Campionato Internacional de Baristas do IES de Foz.

Un ano máis, os alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo - Fundación TIC realizan en directo o Campionato Internacional de Baristas do IES de Foz.
O martes 11 e o mercores 12 de febreiro desde ás 8:30 podes seguir en directo o curso do campionato na nosa web www.fundaciontic.org



10/02/2014
O In Lugo promove o uso responsable das novas tecnoloxías para navegar seguros pola rede

- O Centro de Innovación Social organiza este martes ás 19:00 horas unha sesión informativa gratuíta dirixida especialmente ós maiores, que impartirá un inspector do Corpo Nacional de Policía
- Calquera internauta pode protexerse seguindo pautas sinxelas de seguridade nas compras on line, no uso do correo electrónico e das redes sociais



06/02/2014
Noticia de Lugo: A USC presenta documental sobre Estación Científica do Courel elaborado pola TIC



06/02/2014
Alumnos da TIC emitirán por streaming os Campionatos Internacionais de Baristas de Foz do 10 ó 12 de febreiro

-Por primeira vez ampliarase a cobertura ás tres xornadas do encontro no que competirán 17 escolas de hostalería de España e Portugal e 16 profesionais, entre eles, os actuais campións de Galicia, Asturias, Cantabria e Murcia
-Alfredo Llano destacou o éxito da transmisión en directo do ano pasado que foi seguida por 2.000 persoas a través da web da Fundación (www.fundaciontic.org)
-A actividade, froito do convenio entre a TIC e o IES de Foz, é unha práctica do módulo de Realización de Televisión na que participan todos os alumnos de 2º de Realización



06/02/2014
A Fundación TIC difunde o labor docente e de investigación da Estación Científica da USC no Courel

- Un documental sobre a serra do Courel, que se proxectará durante as visitas ás instalacións, contribuirá á promoción da ECC sita en Seoane
- Na presentación do vídeo, Álvaro Santos salientou “a calidade do traballo que fai fincapé nos valores históricos, culturais, ecolóxicos e paisaxísticos da serra do Courel”



06/02/2014
O In Lugo amosou os trucos para triunfar cunha idea en internet

- Álvaro Santos entregou este mércores os diplomas os participantes no curso Márqueting de contidos

dixitais na era das TIC, nas súas modalidades online e semipresencial

- Os participantes iniciáronse no entorno dixital e poderán aproveitar as súas vantaxes para mellorar a

proxección comercial da súa empresa ou do seu currículum profesional

- O IN Lugo ofrece formación gratuíta en novas tecnoloxías para todos os públicos. A programación completa

pode consultarse na web www.inlugo.deputacionlugo.org



03/02/2014
Masterclass Pela del Álamo

O documentalista Pela del Álamo compartiu con alumnos e profesores da Escola de Imaxe e Son de Lugo - Fundación TIC a súa visión do cine e desa difusa fronteira entre o documental, a ficción e o cinema-realidade.



31/01/2014
El programa cultural ZIGZAG-EIRADO da TVG2 emitíu a curtametraxe

"ENFOQUES" é unha comedia sobre o proceso creativo no cine realizada en 2012 e que xa participou en diferentes festivais.



28/01/2014
Noticia de Lugo: Cursos In Lugo sin barreiras



27/01/2014
Masterclass Juan Galiñanes

O realizador e montador Juan Galiñanes compartiu con alumnos, técnicos e profesores da EIS Lugo as súas experiencias e coñecementos no campo da elaboración de storyboard, storyreel e previsualizacións na preproducción audiovisual. Esta masterclass é froito do acordo da Fundación TIC e a asociación CREA.



20/01/2014
A Fundación TIC realizou un vídeo conmemorativo do 25 aniversario da Asociación de Veciños de Esperante

- Pilar García Porto asistiu á proxección do traballo audiovisual, que se fixo coincidir coa tradicional comida popular na honra de San Antón, no local social da agrupación á que pertence un cento de veciños
- O traballo elaborado por alumnos e bolseiros da EIS, co apoio do persoal técnico da TIC, fai un percorrido pola historia da asociación dende a súa creación ata a actualidade



17/01/2014
A TIC apoia as vocacións científicas entre os alumnos de secundaria colaborando co proxecto Una cebra en el agua

-A Fundación colaborará por segundo ano consecutivo con esta iniciativa promovida polo campus de Lugo da USC na que participarán 36 centros de Galicia, 9 por provincia
-Santos amosou a súa satisfacción “por contribuír desde a TIC ó éxito da experiencia piloto e achegar o mundo da investigación ós rapaces”
-O proxecto, que se desenvolve nas aulas cun acuario con peces cebra e un simulador pedagóxico, foi galardoado cun dos primeiros premios #Inlugo da Deputación



17/01/2014
Noticia de Lugo: Nova tempada cursos Inlugo para maiores da provincia



15/01/2014
Noticia da Fundación TIC: Curso gratuíto do In Lugo, no que os maiores exercitan a memoria coa Wii

Exercitar a memoria coa Wii



14/01/2014
Maiores que perden o medo ás TIC´s

- Álvaro Santos deu conta da posta en marcha da programación dirixida ós maiores do INLugo para o primeiro trimestre do ano que comezou co curso “Coñece o teu ordenador”
- Mañá comeza un obradoiro de estimulación cognitiva coa Wii, no que os participantes divertiranse ó tempo que traballan a capacidade de memoria, percepción, cálculo, agudeza e análise
- Aberto o prazo de inscrición para os cursos e obradoiros que son gratuítos na web www.deputacionlugo.org, onde se pode consultar a programación completa e horarios



14/01/2014
A realizadora Susana Sotelo impartiu unha masterclass sobre Docushows e Formatos de Realidade

A realizadora Susana Sotelo impartiu unha masterclass sobre Docushows e Formatos de Realidade para alumnos e profesores da EIS Lugo, dentro do acordo de colaboración entre CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) e a Fundación TIC.






Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet