Produtora » Novas da Fundación TIC

02/03/2016

A TIC emite en directo os días 3, 8 e 9 o III Congreso Xénero, Museos, Arte e Educación

- As sesións, que terán lugar no Museo Provincial e no Pazo de San Marcos, poderán seguirse por streaming no canal de youtube da Fundación TIC

A Fundación TIC emitirá en directo os días 3, 8 e 9 deste mes de marzo o III Congreso Xénero, Museos, Arte e Educación, que organiza a Rede Museística Provincial. As sesións poderán seguirse por streaming no canal de youtube da Fundación TIC, https://www.youtube.com/user/FUNDACIONTIC.

A sesión do día 3 sobre “Muller, Arte e Capacidades Diferentes” dará comezo as 12:00 horas no Museo Provincial de Lugo. O martes 8, terá lugar a segunda dedicada a “Xénero e Activismo” , na sala de exposicións do Pazo de San Marcos. Ao día seguinte, terá lugar unha Xornada de Formación do Profesorado, Xénero, Comunicación e Linguaxe.

Un equipo da TIC ocuparase da gravación íntegra do resto das actividades do Congreso, que se desenvolverá os días 11 e 12, no Pazo de Tor e no Museo Fortaleza de San Paio de Narla. No evento participarán cerca de 40 expertos en museoloxía, educación, comunicación e arte.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet