Produtora » Novas da Fundación TIC

05/04/2016

Finalistas aos Mestre Mateo á Mellor Longametraxe manteñen un encontro cos alumnos da Fundación TIC

  • archivos/fotos/grandes/2831_040416 -fundación tic-2.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2831_040416-fundacióntic.jpg








-Emma Lustres de El Desconocido, Carlos Amoedo de Lobos Sucios, e Hugo Torres de Las Altas Presiones participaron nunha mesa redonda na Escola de Imaxe e Son

-Álvaro Santos subliñou “o talento dos creadores galegos que trunfan en medio mundo, aos que agradecemos que nos acheguen as súas experiencias”

-A Lugo Film Commision prestou apoio ás produtoras de Lobos Sucios, coa que traballou un bolseiro da EIS, e Las Altas Presiones cos permisos e localizacións en Mondoñedo


Os alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC (EIS) tiveron ocasión de coñecer de preto os traballo de tres dos finalistas aos XIV Mestre Mateo, na categoría á mellor longametraxe. Na mesa redonda, que tivo lugar na Escola de Imaxe e Son, participaron os produtores de El Desconocido, Emma Lustres, e de Lobos Sucios, Carlos Amoedo, xunto ao actor Hugo Torres de Las Altas Presiones. A iniciativa forma parte dos Encontros que a Academia do Audiovisual Galego organiza como preámbulo á Gala de entrega dos premios, que terá lugar o día 23 de abril na Coruña.

Na presentación dos poñentes, o patrón da Fundación TIC Álvaro Santos subliñou “o talento dos creadores galegos que trunfan en medio mundo, aos que agradecemos que acheguen as súas experiencias á nosa Escola”. Santos valorou “que profesionais de éxito trasladen os seus coñecementos aos nosos alumnos, aos que ao longo do seu proceso formativo mantemos en contacto directo co mundo audiovisual, de cara a facilitar a súa futura inserción laboral”.

Achega da Lugo Film Commision

Na fase de preprodución de Lobos Sucios e Las Altas Presiones, a Fundación TIC “tamén participou a través da Lugo Film Commision”, segundo Álvaro Santos quen amosou “a nosa satisfacción por ter colaborado con ambas produtoras, Agallas Films, coa que traballou un bolseiro da EIS; e Matriuska Films, na procura de localizacións e permisos para a rodaxe de Las Altas Presiones en Mondoñedo”.

Para rematar, ademais de desexar moita sorte aos candidatos, o patrón da TIC expresou o seu desexo de que nun futuro próximo, “algúns dos nosos alumnos interveñan como candidatos aos Mestre Mateo, nesta mesa redonda”.
Aprender dos mellores profesionais

Emma Lustres é a fundadora de Vaca Films, unha das grandes produtoras do país, que traballa dende Galicia. Con Celda 211 obtivo oito premios Goya, entre eles á Mellor Película; e dúas “estatuiñas” pola súa última longametraxe, El Desconocido, na que repite con Luis Tosar de protagonista. Agora, nos Mestre Mateo conta con dezaseis candidaturas, entre elas, á Mellor Longametraxe.

Carlos Amoedo conta cunha intensa e frutífera traxectoria profesional no eido da produción audiovisual. Unha das últimas películas nas que participou coa produtora Agallas Films, Lobos Sucios, conta con 14 nominacións aos Mestre Mateo. Amoedo é candidato a unha delas coma Director de produción.

Por último, o actor Hugo Torres é un dos protagonistas de Las Altas Presiones, candidata tamén á Mellor Longametraxe, e con outras dúas nominacións aos Mestre Mateo, pola Dirección de Ángel Santos, e pola Dirección de fotografía de Alberte Branco.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet