Produtora » Novas da Fundación TIC

12/05/2016

A TIC colabora no curso de verán da USC sobre o actual papel da prensa local que se celebra do 2 ao 4 de xuño


-A Fundación gravará íntegras as tres xornadas en Lugo, Viveiro e Ortigueira que recollerá nun DVD co obxectivo de darlle a máxima difusión ás reflexións e conclusións do encontró

-Este apoio forma parte da estreita colaboración que veñen mantendo nos últimos anos a TIC e a Universidade a través do campus de Lugo

A Fundación TIC colaborará no curso de verán da USC “O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. O caso de Ortigueira” que organiza a Facultade de Humanidades do campus de Lugo do 2 ao 4 de xuño coa gravación íntegra das tres xornadas, que se desenvolverán en Lugo, Viveiro e Ortigueira. Os interesados xa se poden matricular. O prazo estará aberto ata o 27 de xuño

No curso, que se presentou este xoves na Facultade de Humanidades, analizarase o papel que representa na actualidade, e nun mundo globalizado, a prensa local e a súa importancia para o desenvolvemento dunha comunidade. Haberá visitas didácticas a medios locais como El Progreso, a Delegación en Lugo de La Voz de Galicia ou Heraldo de Vivero. Ademais renderase unha homenaxe a La Voz de Ortigueira, con motivo do seu centenario.

Intensa colaboración coa USC

Este apoio forma parte da estreita colaboración que a TIC mantén coa Universidade nos últimos anos. Entre outros exemplos está o asesoramento de profesionais da TIC a estudantes preuniversitario para a presentación dos seus proxectos no curso de verán “Campus Xuvenciencia”; ou a elaboración de vídeos promocionais da Facultade de Humanidades ou da campaña de bolsas do campus lucense para atraer estudantes.

Ademais, nos últimos cursos alumnos da USC elixiron a TIC como centro de traballo para realizar a súas prácticas.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet