Produtora » Novas da Fundación TIC

20/09/2016

Óliver Laxe, gañador dun premio en Cannes, inaugura este mércores o novo curso da Escola da Fundación TIC

  • archivos/fotos/grandes/3110_image2(1).JPG

  • archivos/fotos/grandes/3110_image1(1).JPG








-Alumnos da TIC póñense ás ordes do director galego no obradoiro sobre a rodaxe dunha curta que se proxectará na clausura da Semana Internacional de Cine de Autor

-Laxe imparte o taller cos actores de Pinchacarneiro de ANADE que gravarán e editarán estudantes da EIS

-Esta actuación forma parte da colaboración da TIC con ANADE e Fonmiñá, dentro do apoio da entidade da Deputación ao tecido asociativo da provincia

O director galego Óliver Laxe, gañador do gran premio da Semana da Crítica de Cannes pola película “Mimosas”, será o encargado de inaugurar este mércores o curso 2016-2017 da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC. O acto terá lugar ás 11:00 horas no Salón de Actos da EIS.

Pero este non será o primeiro contacto do cineasta co alumnado da Escola. Estudantes da Fundación TIC póñense ás súas ordes no obradoiro de rodaxe dunha curta co grupo de teatro “Pinchacarneiro” de ANADE. O taller celébrase este luns e martes, 19 e 20 de setembro, e a montaxe final emitirase na clausura da Semana Internacional de Cine de Autor, o sábado 24.

Un triplo obxectivo

A participación da TIC neste obradoiro impartido por Óliver Laxe ten un triplo obxectivo. Por unha banda, supón unha práctica en escenario real, e cun dos cineastas galegos con máis proxección internacional, para o alumnado da TIC da Deputación de Lugo.

Pero ademais, forma parte do apoio que a Fundación presta ao tecido asociativo da provincia. Neste caso, colabórase con dúas asociacións: ANADE e Fonmiñá, esta última encargada de organizar a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na que se proxectará o traballo dos alumnos e alumnas da EIS.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet